5112 fans     1468 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Xoán Bascuas

Xoán Bascuas

Xoán Bascuas. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor de Traballo Social na Universidade de Santiago de Compostela.

Liderado e humanidade

Publicada: 02/02/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
4
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 50 segundos.

Este artigo vai de liderado e humanidade. Si, humanidade de “h” pequecho, minúsculo e modesto. Esa acepción de humanidade que o dicionario da Real Academia Galega define como “Comprensión, compaixón e benevolencia cara aos demais”. Ben sei que conxugar esa idea, tan de boa persoa, coa política pode semellar até confusa. Pois, eu desde o acubillo destas liñas pretendo defender que non se pode ser un grande líder político sen ser unha grande persoa (e asumindo que quizás nunca cheguei a grande dirixente político porque quizás non sexa tan boa persoa como acredito).

Ao longo da miña vida tiven a oportunidade (e a fortuna) de coñecer aos grande pais da patria Si, sempre homes. E, ao mellor, e precisamente por iso, xente con tendencia a ter un ego desmesurado, “embigocéntricos” e con disposición a poñer o seu ego por diante e a acompañalo dunha elevada dose de elefantíase xenital. Pode ser que isto sexa algo necesario para ter o ánimo de teflón, e perseverar na liña marcada, que che importe pouco ou nada a crítica, e mesmo para evitar pensar que ao mellor un pode estar a trabucarse. Ao fin e ao cabo esa é a imaxe que ten boa parte da sociedade galega do que é o liderado: o que deposita a testosterona sobre a mesa, o que manda a calar aos demais, o listo entre os listos, o posuidor da iluminación estrema, o que manda parar, en definitiva.

Velaí que cando aparece un líder que recoñece nunha mensaxe privada as súas fraquezas, as súas dúbidas ou as súas debilidades, esa mesma parte da sociedade entende que ese representante xa está derrotado, que demostrou que é humano, que xa non ten carisma, esa parte inmanente e inherente ao liderado. Esa mesma parte da sociedade que cre na política de “muerto el perro se acabo la rabia”, que acabando cunha persoa asemade remátase con todo un movemento. Esa mesma parte da sociedade que critica antes ás persoas, cunha argumentación ad hominem, que as súas ideas ou as súas accións políticas.

Pola contra, e de fronte a esa idea paleolítica, eu acredito no liderado da intelixencia con emoción, na política do erro recoñecido, da palabra amable e na de quen se pon ao servizo dos demais no canto de ser servido polos demais. Si, aquela política que consiste en empregar o pavillón auditivo como unha ferramenta de traballo. Esa política que se fai para a comunidade coa que te comprometiches e non para as memorias que se escribirán no futuro ou na das prebendas que se repartiran no futuro.

Como vedes, creo na política. Na da bondade, na das ideas, na da camaradería e na do servizo público. E isto non é nin nova nin vella política. É simplemente boa política. Como a que representaba Domingos Merino. Que a terra lle sexa leve.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Crónicas da II Restauración. A CIG mobilízase contra as políticas liberais

Álvaro Rodríguez

 O día 19 de xuño a CIG realizará unha xornada nacional de mobilizacións en defensa das rendas do traballo, da melloría da vida dos galegos, denunciando as políticas liberais existentes.    As políticas liberais ninguén as nega agora, tal vez por estar o PSOE de xerente público. Cando estaba o PP alegaban que era necesario, que era “tal e cal”. Agora xa é así e non se recatan de disimulalo. En La Voz de Galicia do 18 de xuño, Xosé Luís Barreiro Rivas explica que “tod…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Crónicas de la II Restauración. Feijóo y Sánchez

Álvaro Rodríguez

  La prensa libre, independiente e imparcial de la democracia de la II Restauración se centra últimamente en el candidato a sucesor de Rajoy, que todos apuntan a Feijoo, y en apoyar al gobierno de Sánchez en cuanto que continuador de la política económica del PP. Algunos mantienen abierta la posibilidad de que Feijoo no alcance la presidencia del PP y lo descalifican descarnadamente, con todos los epítetos peyorativos que un gallego puede padecer. Si bien, cada descalificación puede t…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Premios Peña Novo 2018

Xosé González Martínez

  Hai cento vintecinco anos que nacía en Vilalba o xurista e político máis sobranceiro do primeiro terzo do século XX. Estamos a falar de Lois Peña Novo, cofundador das Irmandades da Fala, que puxeron cabo a un período protagonizado pola reivindicación literaria. O novo movemento vaille coller o relevo cunhas intencións programáticas que abranxían a todos os sectores da sociedade, modernizando o seu discurso e integrándoo  na coordenada dos movementos nacionalistas europeos. …

Xosé González Martínez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Electrodomésticos Angel
Autos Xallas
FENAUCAM 2018
Gadis Festival O Son do Camiño 2018
Concello de Coristanco
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
KNM Abogados
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Crónicas da II Restauración. A CIG mobilízase contra as políticas liberais

Álvaro Rodríguez

 O día 19 de xuño a CIG realizará unha xornada nacional de mobilizacións en defensa das rendas do traballo, da melloría da vida dos galegos, den…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Crónicas de la II Restauración. Feijóo y Sánchez

Álvaro Rodríguez

  La prensa libre, independiente e imparcial de la democracia de la II Restauración se centra últimamente en el candidato a sucesor de Rajoy, qu…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Premios Peña Novo 2018

Xosé González Martínez

  Hai cento vintecinco anos que nacía en Vilalba o xurista e político máis sobranceiro do primeiro terzo do século XX. Estamos a falar de Lois…

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información