5036 fans     1407 seguidores     42 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
ElectroXallas

Xoán Bascuas

Xoán Bascuas

Xoán Bascuas. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor de Traballo Social na Universidade de Santiago de Compostela.

As etiquetas en política

Publicada: 17/01/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
19
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 5 segundos.

Como que non existe a loita de clases? Existe e están a gañala os meus, os ricos.

(Frase de Warren Buffet, un señor con moito diñeiro).

A pesar do título, estas palabras non veñen falar de estilos de vestir en actos políticos, nin de roupas de gala parlamentaria, nin de cousas polo estilo. Modestamente pretendo criticar a actualización daquel discurso dos 60 de Daniel Bell sobre o fin das ideoloxías (ou quen prefira unha versión máis hispana, O crepúsculo das ideoloxías, de Fernández de la Mora).

Houbo un tempo recente en que algúns representantes políticos falaban da necesidade de superar as fronteiras da esquerda e da dereita. Velaí estaban Pablo Iglesias, que viña do comunismo de manual, e o Albert Rivera, liberal de novo cuño, dicindo que eles non eran nin de esquerdas nin de dereitas. Pero, ao final, cada un foi para o seu rego. Cara á esquerda máis pura e cara á máis pura dereita.

Houbo un tempo, sobre todo a partir o éxito electorais de Ronald Reagan e Margaret Thatcher, no que os partidos socialistas occidentais situáronse máis á dereita e abrían a porta a ese discurso da ideoloxía ecléctica. Agora o abolicionismo das categorías políticas chega coa aparición de movementos de extrema dereita e de populismo xenófobo. E mesmo a vitoria de Macron en Francia tamén ten alimentado a idea de que as categorías ideolóxicas están trasnoitadas. Non digo eu que non haxa que mover os marcos conceptuais, pero movelos implica que sigan existindo. Ao mellor cunha reconceptualización, cunha nova delimitación, pero seguirían existindo. Porque fan falla.

Necesitamos etiquetas. Alomenos como suxeitos sociais. É o xeito máis doado de simplificar unha multitude de conceptos, a forma máis sinxela de comprender moito en moi pouco tempo. E máis non tempos da simplificación, da linguaxe da imaxe, do video clip intelectual. E moito máis nun país onde palabras como riquiño, aquelar, carallo significan tantas cousas.

E necesitámolas por coñecemento práctico.  Se alguén nos di que é membro da Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días, seguramente que non saberemos que se trate dun mormón, pero nos sería máis útil para a nosa forma de entender o mundo que alguén nos explique que é un protestante. Probablemente tampouco saibamos o  que é un marxista leninista pensamento zuche, pero se alguén máis versado nos dá conta de que se trata dun comunista coreano, acabemos antes.

Velaí que para min é necesario saber que existe unha esquerda e unha dereita para orientarse no espectro político. Que un socialdemócrata clásico, un socialista do meu tempo, é unha indubidablemente unha persoa de esquerdas. Aínda que poda ser orgullosamente esquerdallo para alguén de dereitas, pero un moderado vendido ao capital para un comunista. Desa que non pretende acabar cos ricos, senón acabar coa pobreza. Da de Olof Palme. Desa esquerda. En definitiva, de esquerdas. A que agora xa entendeu todo o mundo? 

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

La enésima burla de ETA

Pablo Cancio

El viernes 20 de abril tuvimos conocimiento del repugnante comunicado en el que ETA anunciaba supuestamente que asumía la atrocidad de los atentados cometidos, en el que decían comprometerse con “la no repetición” de las vías violentas, y en el que aseguran lamentar el dolor ocasionado, si bien matizando el perdón para sólo una parte de las víctimas (a las que califica como “daños colaterales”), y por lo tanto, justificando sus acciones contra determinadas personas, que todos pod…

Pablo Cancio
Ler máis

Yellow submarine

Daniel Lago

É um filme que poderíamos dar em definir como lisérgico. Um filme em banda desenhada onde os malvados querem eliminar a cor amarela e também a música e tingi-lo todo em azul. Ontem também foi proibido a cor amarela: num lugar real, num tempo que existe e a gente tão real como tu que estás a ler isto.   A lisergia da historia, das formas, da estética, do tempo é algo que ontem apareceu transformado em uma realidade absoluta num dos estados membros da UE. Uma UE enfraquecida e des…

Daniel Lago
Ler máis

Treixadura

Xosé González Martínez

    Asistín ao concerto de presentación do novo disco do grupo “Treixadura” e saín reafirmado, unha vez máis, na miña convicción de que é a agrupación que mellor representa  a nosa tradición musical. Non hai moito afirmaba nunha colaboración publicada aquí que o milagro de Treixadura é facer bailar e cantar a nenos e maiores, transmitíndolles a forza emotiva do noso cancioneiro popular. Tal cousa pasou no Teatro García Barbón en Vigo a pasada semana,cun aforo de 994 p…

Xosé González Martínez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Concello de Coristanco
Electrodomésticos Angel
Ruta das Tapas Santa Comba 2018
Enova Energia
Gadis Sorteo 400 viajes y 100 packs 2018
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
KNM Abogados
Concello de Dumbría
Centro de Ortodoncia e Implantologia Dr. J.M. Pose Rodríguez
Concello de Mazaricos
Concello de Neda
OndaHit
En breves

Adiante TV

Opinión

La enésima burla de ETA

Pablo Cancio

El viernes 20 de abril tuvimos conocimiento del repugnante comunicado en el que ETA anunciaba supuestamente que asumía la atrocidad de los atentados …

Pablo Cancio
Ler máis

Yellow submarine

Daniel Lago

É um filme que poderíamos dar em definir como lisérgico. Um filme em banda desenhada onde os malvados querem eliminar a cor amarela e também a mú…

Daniel Lago
Ler máis

Treixadura

Xosé González Martínez

    Asistín ao concerto de presentación do novo disco do grupo “Treixadura” e saín reafirmado, unha vez máis, na miña convicción de …

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información