6452 fans     1594 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Xoán Bascuas

Xoán Bascuas

Xoán Bascuas. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor de Traballo Social na Universidade de Santiago de Compostela.

A banalización das ideoloxías

Publicada: 12/06/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 17 segundos.

Facha. Comunista. Fascista. Nazi. Separatista. Etiquetas que se regalan ultimamente con suma xenerosidade. Tal é a bondade de quen as reparte que rematan por perder até o sentido orixinal. Evidentemente son termos que se empregan a modo de insulto e que as máis das veces son asignados a persoas que nada teñen que ver coa crenza da existencia dunha superioridade racial, do escuadrismo político matonil, da ditadura do proletariado ou con quen defende o dereito á emancipación nacional.

Nestes tempos nos que calquera argumento debe ser comprimido en 140 carácteres, non teñen cabida discursos elaborados, polo que resulta máis sinxelo descualificar á persoa coa que se debate que entrar nun razoamento sosegado ou de pensamento construtivo. E moito menos no ámbito da política, no que o mercado electoral é cada vez máis mercado e menos política. De feito, este é un territorio no que a acción é cada vez máis simbólica, xestual, de audiovisual de 20 segundos.

Desde que Fukuyama anunciara o final das ideoloxías na década dos 90, leva perpetrándose o asasinato das mesmas(aínda en grao de tentativa). E todo apunta a que, ante esta imposibilidade, procedeuse a baleirar de contido este eixo dicotómico vertebral da política. E se ben é certo que a primeira en disparar foi a dereita, diminuíndo o propio concepto da política, nos últimos tempos a esquerda non ficou parada. E nalgunha ocasión actuaron sincronizadas: as versións españolas de ambas bandas quixeron minguar o significado do galeguismo separándoo da reivindicación nacional galega, querendo levalo ao espazo do significante baleiro.

A redución do pensamento máis elaborado a un máis difuso, permite investir menos tempo na formación ideolóxica do individuo, no recoñecemento máis inmediato dos “teus” e na localización máis rápida das chaves interpretativas de calquera debate. Así, se un defende a iniciativa privada, sabemos que sen dúbida é un liberal recalcitrante; se alguén defende o Estado do Benestar é claramente un socialista irredento; ou se alguén toma como democrático o dereito dos pobos a decidir o seu futuro, indubidablemente é un perigoso secesionista.

E nada importa que a socialdemocracia asuma a importancia da empresa privada na xeración de emprego, ou que haxa un segmento do liberalismo que acepte que o Estado tamén debe ser garante das necesidades mínimas dunha comunidade ou que o dereito de autodeterminación sexa un principio asumible por calquera demócrata. Unha soa palabra basta para identificar ao inimigo. Velaí que, nestes tempos de hastag, de barricada intelectual, sexa máis doado sumar adeptos cun simple “hai que botalos” que explicar que se quere facer cando xa se teñan chimpado fóra das responsabilidades do poder.

Todo isto favorece a aparición do seguidor acrítico, ao que non hai que formar, que cun simple sinal saberá distinguir o que é positivo ou negativo (a modo de resposta paulovina), que cunha soa imaxe saberá identificar se o de enfronte é amigo ou inimigo (na máis pura formulación de Karl Schmitt), e ao que bastará con mantelo fiel simplemente apelando ao cualificativo axeitado.

A banalización das ideoloxías consigue a hooliganización da identidade partidaria, reducindo a política ao nivel intelectual do fútbol. E máis aceptable o incumprimento da palabra e dos compromisos dos líderes propios, xa que basta apelar á agresión allea, ao argumento de “veñen por nós”, para minimizar  o impacto da incongruencia ou da falla de coherencia. Xa que logo, permite pasar do si ao non, do non á abstención e volta a empezar con seareiros que asumiran o si, o non, a abstención ou todo o contrario sen ter que perderse en reflexivas diatribas.

Quen sabe, ao mellor Arsenio Iglesias, grande referente político, trabucábase cando afirmaba aquilo de “non todo vai ser fútbol”.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación.  Con este feito compróbase que a  esquerda  rupturista é un mito.  Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.  As declaracións de Villares e o espectáculo do últimos catro anos no parlamento galego, plasman que os  intereses e ambicións persoais, unen  mái…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se inspiró en la Expulsión de los Judíos de 1492, efectuada por los Reyes Católicos. Acusando así a España de grandes crímenes contra la humanidad.   Partiendo de la base de mi empatía por el pueblo judío y por el reconocimiento de Israel como nación legítima, tengo que reseñar que el Reino de España no fue el primero de la historia …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamento dos medios de comunicación sobre os cidadáns, e chegou á conclusión de que as persoas non se atreven a ir en contra da opinión  defendida polos medios de comunicación, xa que se o fan son marxinadas e atacadas.  Consideraba que nesta sociedade as ideas  contrarías ao sistema dominante,  eran atacadas e desprestixiadas.  Ante esa real…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Entroido Vimianzo 2020
Feira Primavera Santa Comba 2020
Autos Xallas
Entroido A Braña 2020
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamen…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información