3852 fans     1288 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Xesús Manuel Suárez García

Xesús Manuel Suárez García

Presidente do Partido Galeguista, membro da MPNL, vicepresidente da Alianza Evanxélica Española, médico endocrinólogo i estético en Ourense.

Un presidente dos empresarios que pensaba en galego

Publicada: 27/10/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
2
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 20 segundos.

Antonio Dieter, no breve tempo da súa presidencia, foi quén de sacar á Confederación de Empresarios de Galicia dunha situación financeira desesperada, coa que se atopou ó tomar posesión; foi quén igoalmente de manter equilibrios nunha C.E.G. en implosión, pero sobre todo Antonio Dieter é un empresario que pensa en galego, non só porque fala en galego –a diferenza da maioría dos seus colegas, cousa difícil de esplicar–, senón porque pensa en país, fai as súas análises dende o país e proxeuta dende o país, Galicia.

Galicia percisa de forma urxente e prioritaria empresarios como Antonio Dieter, algo que nin a maioría da esquerda nacionalista nin a dereita sucursalista acaban de ver, úns porque seguen pensando en claves decimonónicas e outros porque non teñen concencia de país e Galicia parécelles subsidiaria de máis elevadas referenzas.

Os empresarios galegos deben preguntarse dunha vez pra qué lles leva servido entregar os seus apoios a unha dereita española que os desconsidera, e a uns poderes fácticos aos que nunca teñen acceso; de qué lles leva servido apoialos diante da laminación das entidades financeiras galegas ou da competencia desleal ou das translocacións.

Os empresarios galegos teñen o privilexio de contar cunha identidade nacional galega que lles debería servir pra construír sinerxias e defender os proxeutos propios, pero téñense conformado ca curtedade de miras provinciana e subsidiaria. Deberían mirar pra os seus colegas vascos ou cataláns ou bávaros e reparar no seu vencello co país propio, sen por iso deixar de considerar as utilidades da presenza no mercado español i europeo; deberían reparar en que xusto ese compromiso ca identidade galega é o que lles facilita a supervivencia nun entorno globalizado. Deberían deprender dos seus colegas vascos e cataláns a defender o propio con convición e descubrir cómo iso lles outorga algo fundamental: respetabilidade, ferramenta báseca na dura tarefa cotián de construír empresa, riqueza e postos de traballo, pero sobre todo de construír país. E, se queren unha soia proba, pregúntense cál é o peso das entidades empresariais vasca e catalana na CEOE e cál é o da galega.

Non sei se Antonio Dieter perde algo ca súa demisión, pero estou certo de que os empresarios galegos e toda Galicia perdemos unha oportunidade histórica pra defender como é debido a nosa economía, os nosos recursos e a nosa atividade empresarial; perdemos unha oportunidade de axudar a conformar un país con orgulo propio, credibilidade e concencia do seu lugar en Europa.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Fuco Pérez Sen Segundo,veciño de Gargamala

Xosé González Martínez

  Cúmprese este ano  o 55º aniversario da obra de Celso E.Ferreiro “Longa noite de pedra”, publicada en 1962. Un dos poemas que contén o libro titúlase “Romance incompleto” nel o autor relata a xeito de biografía a historia dun veciño da parroquia de Gargamala chamado Fuco Pérez Sen Segundo, posiblemente coetáneo do vate celanovés. O poema foi musicado por moitos cantautores. Nel debúllanse as miserias dun labrego desherdado, explotado, dos que non tiñan onde caer morto. …

Xosé González Martínez
Ler máis

Día da patria galega/Día de Galicia, xornada de pedagoxía galeguizadora

Xosé González Martínez

Presenciei moitas veces a mesma escena, aínda que con distintos protagonistas. Rematada a manifestación para reclarmar  protección gobernamental para o agro galego, ou reivindicar postos de traballo, grupos de manifestantes acuden aos bares levando debaixo do brazo bandeiras e pancartas para celebraren o éxito da convocatoria. Pídenlles aos camareiros viños, vermús, cervexas e  “algo para picar”, sen demandaren que sexan produtos galegos etiquetados na nosa lingua. A escena por frec…

Xosé González Martínez
Ler máis

Saiamos a rua a festejar !! Um novo tratado de livre comércio foi un feito!!!

Daniel Lago

Isso seria a lógica mesma, que deveria de funcionar logo da posta em marcha do JEEPA, o acordo de livre comercio entre a UE e o Japão.   Na contra, não olho as massas sair à rua manifestar a sua postura “contra” do acordo, assim como sim acontece com os tratados de livre comercio com o Canadá ou com EUA. Como sempre, deve ser que os maus não serão realmente os acordos de livre comercio, serão os acordos de livre comercio com os EUA ou com o Canadá. É por isso, que a gente fi…

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Festival da Luz Gadis 2017
KNM Abogados
Verán Xalleiro 2017
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Fuco Pérez Sen Segundo,veciño de Gargamala

Xosé González Martínez

  Cúmprese este ano  o 55º aniversario da obra de Celso E.Ferreiro “Longa noite de pedra”, publicada en 1962. Un dos poemas que contén o l…

Xosé González Martínez
Ler máis

Día da patria galega/Día de Galicia, xornada de pedagoxía galeguizadora

Xosé González Martínez

Presenciei moitas veces a mesma escena, aínda que con distintos protagonistas. Rematada a manifestación para reclarmar  protección gobernamental p…

Xosé González Martínez
Ler máis

Saiamos a rua a festejar !! Um novo tratado de livre comércio foi un feito!!!

Daniel Lago

Isso seria a lógica mesma, que deveria de funcionar logo da posta em marcha do JEEPA, o acordo de livre comercio entre a UE e o Japão.   Na c…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información