Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Sandra Vilela

Sandra Vilela

Sandra Vilela é a portavoz do Partido Popular no concello de Muxía.

Carta aberta a Iago Toba: ¿De verdade quere unha moción de censura?

Publicada: 04/05/2021

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto

Tempo de lectura: 7 minutos e 22 segundos.

¿De verdade quere unha moción de censura?

Calquera alcalde que se honre de chamarse así trataría de evitar ese termo como se fose o peor dos pesadelos, sen embargo, vostede pídea, “a berros” porque para vostede sería unha saída fácil

Sería moito máis fácil victimizarse, como soe facer de xeito habitual a través das súas redes sociais, sería moito máis sinxelo tentar manipular á “veciñanza”, unha vez máis contando que o mundo está contra vostede, que facer aquelo para o que o elexiron, GOBERNAR!

E sería moito fácil Sr. Toba porque cando un non ten nada que aportar, cando na súa xestión un non ten nada do que presumir ten que adoptar estratexias desde tipo, para tapar as súas carencias, para tratar de ocultar que ten un descoñecemento absoluto de cómo funciona a administración local, de que non sabe cales son as verdadeiras necesidades deste noso concello porque o territorio que se supón que ten que gobernar é descoñecido para vostede.

Cando un non sabe facer aquelo para o que o elexiron pero non ten a humildade para recoñecelo, para pedir axuda, para escoitar ós demáis, chegamos a situacións como a que estamos vivindo en Muxía. Cando un, a pesar de que non gaña, dende a miña humilde opinión nin un euro do soldo que pagamos todos, pensa só en clave electoral porque o que pretende é seguir despois destes 4, outros 4 anos máis sentado nesa silla e cobrando ese soldo, ten que adoptar estas malas estratexias políticas sen importarlle en absoluto o dano que está a facer ós seus veciños e ó seu concello.

Porque se vostede verdadeiramente soubese o que é gobernar, sabería que falar ca oposición e tentar convencela de que o seu proxecto é válido, forma parte dese traballo que lle encomendaron os muxiáns. Se vostede realmente quixese a Muxía e fixese as cousas cunha verdadeira vontade política, tentaría que eses proxectos que vostede di, son imprescindibles para Muxía, saisen adiante e falaría coa oposición para que eso fose así e, sen embargo, vostede non só non toma a iniciativa para facelo senon que rechaza de xeito reiterado todas e cada unha das propostas de diálogo que lle levamos ofrecendo dende que vostede goberna en minoría. 

E,¿ porqué o fai? Porque non lle importa si esas medidas saen ou non, é máis incluso lle gusta que non o fagan porque o que lle importa é, adopte a decisión que adopte a oposición, seguir manipulando e mentindo para ver si pode seguir vostede cobrando 4 anos máis.

Se verdadeiramente quixese e creese en Muxía non lle faría o que lle está a facer que é enfrentala e dividila só para que vostede  poda manterse no sillón. Xogando como xoga con cuestións tan sensibles como a escola infantil ou tan sagradas para nós como o mismísimo Santuario da Nosa Señora da Barca sobre o que tamén tivo os poucos escrúpulos de usar para tentar sacar un rédito político.

E outro exemplo claro desa manipulación é pedir que seamos valentes e fagamos unha moción de censura que, sabe vostede, que legalmente é prácticamente imposible de realizar.E ségueo decindo cando acabamos de ver que en Ponteceso foi rexeitada pola secretaría porque deso é do que vive vostede, ¡da manipulación! Créame, se legalmente non houbese dudas acerca da viabilidade desa moción de censura, vostede, Sr. Toba, seguramente xa non sería alcalde deste concello porque eu trataría, xunto co meu grupo, de facer todo o posible para que non gobernase Muxía NIN UN SÓ DÍA MÁIS, porque valentía sóbranos a quenes estamos en política porque realmente temos valores, ideas e crenzas e ós que sí queremos a Muxía e non estamos dispostos a facer calquera cousa por conseguir un voto, nós non teñamos as entrañas de enganar ós nosos veciños.

 Desgraciadamente, a legalidade fai que teña vostede que ser alcalde 2 anos máis e dende o PP de Muxía, pedimos, imploramos, unha vez máis que sexa vostede responsable e que se, realmente, lle quere algo ó seu pobo, deixe de facerlle todo o dano que lle está a facer á súa sociedade e comence a gobernar.

Pódeche interesar...

La Guardia Civil, nuestra policía

Manuel Fuentes Lamas

En el siglo XIX, un 13 de mayo de 1844, a la postre día de Nuestra Señora de Fátima, se firma el Real Decreto de fundación de un Cuerpo de seguridad, que  sería una de  las más completas, profesionales y eficaces policías del mundo, la GUARDIA CIVIL. El gobierno de la época, encargó al Duque de Ahumada la creación de un Cuerpo especial de fuerza armada encargado de la seguridad en todo el estado. El reto que se le plantea al Duque de Ahumada es poner en marcha una institución que…

Manuel Fuentes Lamas
Ler máis

Los cereales de cada día

Manuel Fuentes Lamas

Golpe tras golpe, una y otra vez machaconamente asistimos estupefactos a lo que parece ser un intento continuo de derribar nuestra economía rural.Burocracia, impuestos, tasas, tratamiento de purines, precios a la baja, competencia desleal desde terceros países, y ahora una inesperada y brutal subida del precio de los cereales. Si esto lo aderezamos con las campañas publicitarias donde se criminaliza el consumo de carne y se intenta igualar en derechos a personas y animales, nos sale un gui…

Manuel Fuentes Lamas
Ler máis

Los rinocerontes de los Faraones

Álvaro Rodríguez

El apocalipsis se acerca…. Y ya llevamos  miles de  apocalipsis… El catedrático de filosofía  Zamora Bonilla, acaba de publicar Contra apocalípticos (Shackleton Books, 2021), un tratado donde desmonta los argumentos de las conjeturas apocalípticas con especial atención a las que considera más presentes: los “agoreros del apocalipsis climático”, los “animalistas radicales”, etc. También es autor de Sacando consecuencias: una filosofía para el siglo XXI.  Para el cat…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
DIA LETRAS GALLEGAS 2021
Autos Xallas
Primavera Teatral de Paiosaco 2021
Adiante TV 2020
Galería Fotos Históricas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Recuperan un cañón de bronce del Siglo XVI expoliado

Recuperan un cañón de bronce del Siglo XVI expoliado

Moción de censura en Ponteceso

Moción de censura en Ponteceso

Operación Bark: desmantelan una plantación indoor de cannabis en A Coruña.

Operación Bark: desmantelan una plantación indoor de cannabis en A Coruña.

Los Españoles: desde Galicia a la conquista del mundo

Los Españoles: desde Galicia a la conquista del mundo

Opinión

Carta aberta a Iago Toba: ¿De verdade quere unha moción de censura?

Sandra Vilela

¿De verdade quere unha moción de censura? Calquera alcalde que se honre de chamarse así trataría de evitar ese termo como se fose o peor dos pe…

Sandra Vilela
Ler máis

La Guardia Civil, nuestra policía

Manuel Fuentes Lamas

En el siglo XIX, un 13 de mayo de 1844, a la postre día de Nuestra Señora de Fátima, se firma el Real Decreto de fundación de un Cuerpo de segurid…

Manuel Fuentes Lamas
Ler máis

Los cereales de cada día

Manuel Fuentes Lamas

Golpe tras golpe, una y otra vez machaconamente asistimos estupefactos a lo que parece ser un intento continuo de derribar nuestra economía rural.Bur…

Manuel Fuentes Lamas
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información