4392 fans     1355 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez

Óscar de Souto

Óscar de Souto

Aprendiz de grumete na radio da costa, artellador de artigos, deseñador de recitais, pintor de soños.

Territorio hostil

Publicada: 16/03/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
12
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 21 segundos.

Senlleiras sectas de subscriptores suntuosos sementan poemarios que galardonan os xurados dese mesmo clube que o ensalzan con loubanzas fastuosas para que algún lector despistado merque un caderniño de prosa partida, de título suxerente, máis, meu pobre, na páxina dous xa un esta demasiado farto de poemas xeroglíficos en galego normativo, sen alma nin mensaxe, porque por ser... nin poesía é.

Esta desafección aguda que sufre en silencio a nosa lingüa vella ten moitos culpables e cecáis, demasiados enemigos, por iso, os bos e xenerosos temos que facer horas extra, tódolos día do ano, para explicarlles as altas copas que neste territorio hostíl vai ser a nosa voz unánime a que pregoe, sen máis botóns que play e pause, para que ese apartheid ortográfico e moral estoupe igual que o volcán Cracatoa.

E agardo, eso si, que ninguén me compare con Kumta Kinte por erguerme ceibe e sen dono, re-afirmando o que Teresa Moure, Mario Valeiro, e outros moitos escritores galegos, escribiron en plan artigo ou en plan manifesto, máis sei que son maioría os que o pensan e só o confirman en petit comité e en voz baixiña.

Pero xa os tempos son chegados para que estas guerras entre as tribus deixen de conxurarse contra compañeiras por ser mulleres, contra aquel por ser lusista, contra estoutros por ter algo redactado en castelán, contra todo aquel que non sexa do clube dos que discriminan utilizando calquera desculpa para contaxiar coa súa leismaniosis mental a calquer miñaxoia que queira apuntarse na súa pequena tribu ou facerse subscriptor dalgún clube de poetas en paro para editar copliñas para que che veña o sono ou haikus con malaria, ou as dichosas prosas cansinas en galego celga dezanove.

E ogallá vexan os meus ollos algún día, se a vida mo permite, que todo amigo da lectura, dos idiomas, da Terra, do Pobo e da poesía limpa e ceibe, que nos xuntemos para a foto sen que a ninguén lle entre cagalera ese día.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Isabel a porca ou Isabel la Católica

Daniel Lago

O vírus do nacionalismo, o veneno do nacionalismo,.. e assim por diante com muita, mais ou menos boa intenção, muita da mídia tem já por costume falarem do fenómeno político que significa o nacionalismo, como uma única ideia e como uma única opção de fazer políticas.    E resulta quando menos curioso. Eu também falo muitas das vezes dos males do nacionalismo que estão a encher muito do discurso político nestes últimos tempos numa onda mundial de neo-tradicionalismo. Faço…

Daniel Lago
Ler máis

Ceas de empresa, tamén en galego

Xosé González Martínez

Chega o tempo das ceas de empresa como limiar das festas do nadal. As expectativas de negocio para os restaurantes seica van ser óptimas. Non é de estrañar porque celebraranse por milleiros. Nelas o ambiente de camaradería  irá acompañado de bos pratos, viños e licores. É unha boa ocasión para que os encargados de organizalas  poñan a proba o seu criterio e o sentido común na escolla dos menús. Dicimos bo criterio porque as máis das veces, por non afirmar que sempre, non se r…

Xosé González Martínez
Ler máis

Patriotismo de pacotilla

Xosé Abelenda

Nunca tanto se escoitou falar da constitución como nestes últimos días. Unha España corrompida, antes que rompida. No estado español temos un partido político que se di defensor da santa constitución e da legalidade, mais cando se trata de pagar a sede en B, de financiarse ilegalmente, non importa tanto a ilegalidade ou a falla de ética total. Co tema de Cataluña, xa non importa se a precariedade laboral está en auxe, se emigramos coma nunca, se os postos novos de traballo son pun…

Xosé Abelenda
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
III Ciclo Teatro Santa Comba 2017
Semana Gandeira Mazaricos 2017
Navidad Gadis 2017
Enova Energia
CMAT
Concello da Laracha
Centro de Ortodoncia e Implantologia Dr. J.M. Pose Rodríguez
Concello de Mazaricos
Concello de Neda
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
OndaHit
En breves

Adiante TV

Opinión

Isabel a porca ou Isabel la Católica

Daniel Lago

O vírus do nacionalismo, o veneno do nacionalismo,.. e assim por diante com muita, mais ou menos boa intenção, muita da mídia tem já por costume …

Daniel Lago
Ler máis

Ceas de empresa, tamén en galego

Xosé González Martínez

Chega o tempo das ceas de empresa como limiar das festas do nadal. As expectativas de negocio para os restaurantes seica van ser óptimas. Non é de e…

Xosé González Martínez
Ler máis

Patriotismo de pacotilla

Xosé Abelenda

Nunca tanto se escoitou falar da constitución como nestes últimos días. Unha España corrompida, antes que rompida. No estado español temos un par…

Xosé Abelenda
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información