6317 fans     1585 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Óscar de Souto

Óscar de Souto

Aprendiz de grumete na radio da costa, artellador de artigos, deseñador de recitais, pintor de soños.

A soidade do cisne

Publicada: 20/05/2019

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 42 segundos.

Cando algún aldeán ou "villano" espeta esa máxica coletilla de «ese non é daqui, oooh» , moi recurrente ademais nestes páramos bergantiñàns, moi especialmente no oeste da comarca, recordo con tristura os versos de Eduardo Pondal na súa terra sen case poboación, a súa famosa agreste soidade, os rumoros piñeiros e as súas arpas musicais que o nordés interpretaba. Si, si amigos, Eduardo e os seus familiares instalaronse nunha rexión sen poboación, sen traballo, sen oportunidade, sen carreteras, sen apenas nada. Mais compre recordar tamén que aquel cartografo portugues que polo 1600 debuxou un mapa desta rexión, o primoxenito documento desta terra, debuxou verde e azul nada mais.

Nin casas, nin xente, nin pistas, nin pontes, nin igrexas. Os apelidos que aparecian recollidos nos documentos posteriores moi ben inventariados no gran libro de Rafael Lema, Naufraxios da Costa da Morte, asómbrame dicirvos que ditos apelidos xa non figuran na heráldica local. Efectivamente .....as crisis e guerras e sucesos daqueles tempos forzaron a unha migración sen retorno, coma tantas veces, a xente destes territorios. Somos de ningunha parte e de todas, non somos de ningunha raza e polas nosas veas estan todas recollidas, como dicía nun poema o benquerido Luis Chapela.

A Costa foi colonizada xusto no apoxeo da revolución industrial, tempo despois do falecemento do bardo pontecesán, precisamente colonizada por man de obra do agro, principalmente, que agora estrenan casas novas e pisos novos e novos traballos e novas vilas. E nesas vilas algúns deciden falar castelán para parecer mais altos e mais guapos e ata repudian o foraneo, polo feito de ser foraneo, ou ao veciño da parroquia ou do Concello lindante, porque el non é de aqui. Manda carallo. Qué é de aqui ???? As recentes probas de ADN sobre a poboación na Península confirman que a sangue galega é a mais africana de todas. Nós .....que loitamos con Anibal contra Roma e nós .....que nos establecemos aqui cando os nosos irmàns marcharon de Al-Andalus. Nós, cos nosos apelidos arabes e as nosas faces escuras e a nosa pel morena e a nosa nova fala con palabras arabes, saia, ogallá, ...., regueifa, etc. Asi é , asi é amigos.

Eso de intentar menospreciar a opinión de calquera persoa por non ser de Laxe ou de Ponteceso ou de Coens, é un xeito moi cómodo de atacar unha opinión que non compartes. O insulto, a calumnia, a manada que amosa unida e forte o seu rexeitamento por todo o que non dixeran ou fixeran eles. A liberdade de opinión e a liberdade moral deben vencer.

E para vencer sò podemos facer unha cousa..... utilizala. Falar sen medo, abertamente, romper para sempre eses conceptos neandertais que ainda resisten aqui ....nesta agreste soidade agora chea de casas e vilas de xente que se instalou fuxindo doutras miserias seguramente peores. Ter que calar e non poder opinar nunca ....eso si que ten que ser unha gran miseria. Apertas amigos, nada mais. Somos de todas partes.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Victimismo de los favorecidos y progreso de los desfavorecidos

José Gilgado

La semana pasada estuve en una cena con Meritxell Budó, portavoz del gobierno autonómico catalán. Una ocasión para conocer sin intermediarios, los medios de comunicación, las esperanzas y deseos del separatismo afincado en Cataluña. Me ha servido para concluir algo que, supongo, conocen o deberían de conocer los actores políticos sobre los que recae la responsabilidad de representación otorgada a través de las urnas, y que no es otra cosa que lo interiorizado que tiene el independentis…

José Gilgado
Ler máis

Elites do capitalismo, e culpa da “desaceleración”

Álvaro Rodríguez

Nas eleccións xerais do ano  2008, o bipartidismo (PP-PSOE) obtivo  o 83,81% dos votos emitidos,   (21.567.345 votos). Nas eleccións do pasado 10 de novembro, cunha participación inferior nun 4% á do ano  2008, o bipartidismo  PP-PSOE obtivo o 44,90% dos votos expresados, ou o que é o mesmo, 11.772.852 votos,  sendo case a metade dos obtidos nas votacións de 2008.  E lembremos que en abril de 2019  o PP-PSOE sacou o  48,32%. En ambos os casos, abril ou novembro,  obtiveron menos…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Parte de Laxe desaparecerá baixo o mar

Óscar de Souto

Recentemente GCiencia, El País, La Voz de Galicia, Praza.gal e outros moitos medios de comunicación, nacionais e internacionais,  recollen, en datas recentes, a nova información actualizada por Climate Central confirmando os pronósticos para as pròximas décadas debido ao aumento do nivel do mar. 300 millóns de persoas veranse afectadas ou desplazadas por este fenómeno.  Moi curioso o caso das «dunas caolínicas» da rúa Isidro Parga Pondal de Laxe (entre o campo do escaravello e a…

Óscar de Souto
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
GADIS NAVIDAD 2019
SAT Busto Corzon Mazaricos
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Victimismo de los favorecidos y progreso de los desfavorecidos

José Gilgado

La semana pasada estuve en una cena con Meritxell Budó, portavoz del gobierno autonómico catalán. Una ocasión para conocer sin intermediarios, los…

José Gilgado
Ler máis

Elites do capitalismo, e culpa da “desaceleración”

Álvaro Rodríguez

Nas eleccións xerais do ano  2008, o bipartidismo (PP-PSOE) obtivo  o 83,81% dos votos emitidos,   (21.567.345 votos). Nas eleccións do pasado 1…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Parte de Laxe desaparecerá baixo o mar

Óscar de Souto

Recentemente GCiencia, El País, La Voz de Galicia, Praza.gal e outros moitos medios de comunicación, nacionais e internacionais,  recollen, en data…

Óscar de Souto
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información