6452 fans     1594 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Orlando Villamayor

Orlando Villamayor

Orlando Villamayor Torres é secretario nacional de organización de Compromiso por Galicia e empresario.

Ao PP non lle doe malgastar os cartos públicos

Publicada: 21/06/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 11 segundos.

A débeda xa supera o 100% do PIB. Non hai ningunha economía que medre se non hai produtividade e na Galicia actual a maior parte das empresas e das familias están aguantando en "economía de guerra"; é  dicir que non poden nin poderán consumir ata que os cartos volvan a chegar ás máis da metade da poboación que hoxe en día está en risco de exclusión social.

Por outra banda, é absolutamente necesario acabar co desemprego que é a primeira preocupación da xente segundo as enquisas do CIS. Ás oficinas de emprego, a falta dun Goberno galego con responsabilidades reais en políticas laborais, convertéronse en meras destrutoras de papel que non dan solución ás persoas en paro. E o carto público gastado en algo que non dá os resultados esperados supón un furado para as nosas arcas públicas. 

Por último, cabe destacar que a economía dun país como Galicia, na que a súa masa salarial prefire traballar no sector público antes que nas empresas privadas ou como autónomos, evidencia que algo está fallando. Porque non é o espírito de servizo público o que move á maioría a desexar traballar na administración, senón o obxectivo de ter unha maior garantía de estabilidade . Un estado non pode sobrevivir se inviste só no sector público e abandona o sector privado á súa sorte.

Velaquí a importancia da presenza dos poderes públicos na reactivación da economía, para que, deste xeito, se reactive a peza central de toda economía de mercado: o consumo. É mellor facer políticas que devolvan os cartos ás familias, aos autónomos e aos emprendedores, os verdadeiros motores da nosa economía. Ou é que a economía galega se vai reactivar a base de manter chiringuitos e de aimentar ao capitalismo de cuadrilla, irmanciñas e outros maleantes?

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación.  Con este feito compróbase que a  esquerda  rupturista é un mito.  Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.  As declaracións de Villares e o espectáculo do últimos catro anos no parlamento galego, plasman que os  intereses e ambicións persoais, unen  mái…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se inspiró en la Expulsión de los Judíos de 1492, efectuada por los Reyes Católicos. Acusando así a España de grandes crímenes contra la humanidad.   Partiendo de la base de mi empatía por el pueblo judío y por el reconocimiento de Israel como nación legítima, tengo que reseñar que el Reino de España no fue el primero de la historia …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamento dos medios de comunicación sobre os cidadáns, e chegou á conclusión de que as persoas non se atreven a ir en contra da opinión  defendida polos medios de comunicación, xa que se o fan son marxinadas e atacadas.  Consideraba que nesta sociedade as ideas  contrarías ao sistema dominante,  eran atacadas e desprestixiadas.  Ante esa real…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Entroido Vimianzo 2020
Feira Primavera Santa Comba 2020
Autos Xallas
Entroido A Braña 2020
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamen…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información