6280 fans     1583 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Natalia Lema Otero

Natalia Lema Otero

Escritora e ilustradora. Autora do libro "Baos". Redactora de Adiante Galicia e Anosacosta.

A aldea que morre

Publicada: 15/03/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 2 minutos e 40 segundos.

A aldea morre, comesta polas ansias de cidade. Parece que non está de moda vivir na aldea, sentir a idiosincrasia ca terra. Quizais estamos nun mundo tan globalizado a estas alturas que xa non é posible a simbiose entre a cidade e a aldea.

Din as estatísticas que Galicia suma unha aldea despoboada cada semana, unha cifra orientativa e alarmante que fai que poidamos reflexionar sobre o bosquexo demográfico da nosa comunidade. As causas son diversas, por exemplo a natalidade baixa que fai que non haxa mozos novos e que a poboación estea envellecida.

Por outra banda está a tercialización. Parece que ninguén quere seguir co sector primario, nin con gandaría nin con agricultura e xa non digamos outras actividades como a artesanía, agora case desaparecida ou mesmo obsoleta.

A Costa da Morte tamén está perdendo habitantes segundo os datos que proporciona o IGE (Instituto Galego de Estatística). Tanto en Vimianzo como en Camariñas a poboación descende paulatinamente cada ano, sen cambios excesivamente bruscos pero cun descenso notable.

Así morre a aldea, sen descendentes que marchan para a cidade, deixando de crer na forza do local. A solución para este fenómeno que se vai estendendo por moitos concellos de Galicia debería estar nos mandatarios, eses que elaboran plans de Dinamización da Demografía coma o de 2013-2016 que quedan meramente en papel e en iniciativas pouco prácticas e ambiciosas.

A solución verdadeira pasa por pensar cales serían as medidas necesarias para incentivar que a xente aposte polo de aquí, por crear emprego e oportunidades de futuro, todo para evitar que a aldea morra. Non hai maior desidia que ver ducias de casas baleiras, comestas por silveiras nunha soidade total.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Parte de Laxe desaparecerá baixo o mar

Óscar de Souto

Recentemente GCiencia, El País, La Voz de Galicia, Praza.gal e outros moitos medios de comunicación, nacionais e internacionais,  recollen, en datas recentes, a nova información actualizada por Climate Central confirmando os pronósticos para as pròximas décadas debido ao aumento do nivel do mar. 300 millóns de persoas veranse afectadas ou desplazadas por este fenómeno.  Moi curioso o caso das «dunas caolínicas» da rúa Isidro Parga Pondal de Laxe (entre o campo do escaravello e a…

Óscar de Souto
Ler máis

Greta Thunberg, el Becerro de Oro al final de su idolatría

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Ayer la Sra. Ministra de Transición Ecológica, Dª Teresa Ribera, confirmaba que el Gobierno español iba a fletar un barco (nunca contaminante), para que la joven activista sueca, la Srta. Greta Thunberg, pudiese viajar desde Estados Unidos a España con el propósito de asistir a la Cumbre del Clima que sorpresivamente se celebrará en Madrid. Inmediatamente comenzaron a proliferar comentarios en las redes sociales, casi todos ácidos e hipercríticos, al respecto de ese “capric…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Medidas “urxentes”, “sen deixar a ninguén atrás”, e tal e tal

Álvaro Rodríguez

A chamada Folga Mundial polo Clima realizouse o día 27 de setembro. Nas súas proclamas reclamaban  medidas “urxentes” entre as que  o máis inmediato era “reducir a cero” as emisións de carbono.    Greenpeace esixe o que eles denominan  a transición enerxética e ecolóxica para lograr a “neutralidade” de CO2 en 2040 en toda Europa “sen deixar a ninguén atrás”,  talvez pensando en Galicia, ou advertindo,  que moitos territorios e as súas poboacións, van quedar sen …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
XI Ruta das Tapas Santa Comba 2019
Autos Xallas
Promo GADIS DISFRUTEMOS
SAT Busto Corzon Mazaricos
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Parte de Laxe desaparecerá baixo o mar

Óscar de Souto

Recentemente GCiencia, El País, La Voz de Galicia, Praza.gal e outros moitos medios de comunicación, nacionais e internacionais,  recollen, en data…

Óscar de Souto
Ler máis

Greta Thunberg, el Becerro de Oro al final de su idolatría

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Ayer la Sra. Ministra de Transición Ecológica, Dª Teresa Ribera, confirmaba que el Gobierno español iba a fletar un barco (nunca contaminante), pa…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Medidas “urxentes”, “sen deixar a ninguén atrás”, e tal e tal

Álvaro Rodríguez

A chamada Folga Mundial polo Clima realizouse o día 27 de setembro. Nas súas proclamas reclamaban  medidas “urxentes” entre as que  o máis in…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información