6452 fans     1594 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

José Manuel Pequeño Castro

José Manuel Pequeño Castro

Alcalde do concello de Dumbría.Deputado provincial. Presidente da comisión de Vías e Obras da Deputación provincial da Coruña.

Ferroatlántica;unha mirada desde o esquecemento.

Publicada: 13/12/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 6 segundos.

Ferroatlántica;unha mirada desde o esquecemento.Ferroatlántica;lembrando para entender.

Para entender as verdadeiras repercusións e as implicacións da intención de Ferroatlántica de vender as hidroeléctricas da Costa da Morte hai que mirar cara atrás e deterse, só así se poderá comprender o alcance da ferida que se pode infrinxir a toda unha comarca. 

Esta é unha historia de compromisos, de concesións, de crecemento económico, pero tamén é unha historia de desastre ambiental, de enfermidades e de morte. 

As acividades de enerxía eléctrica e de ferroaleacións na comarca da Costa da Morte formaron desde as súas orixes unha unidade produtiva única, como queda constatado nas continuas concesións administrativas. A primeira concesión data de 1900 e foi outorgada á Sociedade Hidroeléctrica do Pindo para derivar un caudal de augas do río Xallas co fin de fornecer enerxía á fábrica de ferroaleacións de Brens (Cee), aproveitando a enerxía xerada polo salto do Pindo en Ézaro. Posteriormente outras concesións como as do salto de Santa Uxia, o de Fervenza, o de Carantoña ou o de Ponte Olveira pasaron a mans do grupo Ferroatlántica, que na actualidade ostenta todo o aproveitamento eléctrico do Xallas. 

Pero este percorrido empresarial entrelázase con outras realidades que comprometen a todo un pobo, como a construción do encoro de Santa Uxia, coa oposición dos veciños que viron as súas terras alagadas e a auga practicamente ás portas das súas casas; ou o prezo que houbo que pagar polos túneles de O Brazal, que percorren 10 duros quilómetros a costa da silicose de centos de traballadores; moitos deles xa non poden contalo, pero aínda son moitos os que lembran as protestas do 68 polas enfermidades ocasionadas por esta industria; ou o desastre ecolóxico que provocou a sobreexplotación do río Xallas, que non funciona como un sistema fluvial natural mais que no inverno, con todo o que isto leva a nivel ambiental. 

Non sen razón a indignación invade a nosa comarca, ao coñecer as intencións dunha empresa que non repara en deixar orfa a unha poboación; porque despois de todo isto, o legado que nos deixaría Ferroatlántica sería a devastación dunha contorna natural incomparable e a ruína dos máis desfavorecidos. 

Por agora parece que as negociacións aínda non son oficiais, e que formamos unha fronte común os traballadores do grupo na comarca, os concellos, a Xunta e os grupos parlamentarios na oposición, pero facéndome eco dunha noticia publicada na prensa de onte "Ferroatlántica pisa o acelerador na súa presión para lograr que a Xunta autorice modi¬car esa concesión e así achandar a venda das hidroeléctricas" sáltanme todas as alarmas e por iso fago fincapé na necesidade de non ceder; espero que a administración non esqueza as condicións sine qua non a que está suxeita esta empresa, que son ben coñecidas e que imposibilitan a legalidade da pretendida disgregación.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación.  Con este feito compróbase que a  esquerda  rupturista é un mito.  Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.  As declaracións de Villares e o espectáculo do últimos catro anos no parlamento galego, plasman que os  intereses e ambicións persoais, unen  mái…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se inspiró en la Expulsión de los Judíos de 1492, efectuada por los Reyes Católicos. Acusando así a España de grandes crímenes contra la humanidad.   Partiendo de la base de mi empatía por el pueblo judío y por el reconocimiento de Israel como nación legítima, tengo que reseñar que el Reino de España no fue el primero de la historia …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamento dos medios de comunicación sobre os cidadáns, e chegou á conclusión de que as persoas non se atreven a ir en contra da opinión  defendida polos medios de comunicación, xa que se o fan son marxinadas e atacadas.  Consideraba que nesta sociedade as ideas  contrarías ao sistema dominante,  eran atacadas e desprestixiadas.  Ante esa real…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Entroido Vimianzo 2020
Feira Primavera Santa Comba 2020
Autos Xallas
Entroido A Braña 2020
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves
Maderas Algarian Company S.L.

Adiante TV

Opinión

A ilusión e a realidade

Álvaro Rodríguez

Podemos,  Anova,  Mareas dalgúns pobos e  Esquerda Unida  pecharon  unha candidatura conxunta  despois de criticarse  ácidamente e de chegar …

Álvaro Rodríguez
Ler máis

La Tribu de los Leprosos en Cataluña

José Manuel Palacín Y Rodríguez

La huída por el Proces, Clara Pontasí, se atrevió hoy mismo, en la sede del Parlamento Europeo, a aseverar que para cometer su genocidio Hitler se …

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamen…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información