5703 fans     1544 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Firma Invitada

Firma Invitada

Carta de Breogán Riobóo ós inscritos de Podemos Galicia

Publicada: 07/03/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 10 minutos e 9 segundos.

Prezada compañeira, prezado compañeiro,

O pasado 14 de febreiro de 2015, a xente inscrita en Podemos Galicia escolliches co voso voto que fose o secretario xeral galego, quixestes que vos representase e asumín a responsabilidade que me encomendastes como secretario xeral de Podemos Galicia para o período estipulado de 3 anos. Un tempo que, nas últimas semanas, pretende ser interrompido con manobras argalladasá marxe dos estatutos e principios da organización, dirixidas a que en Galicia perdamos a nosa capacidade de decisión.

Este primeiro ano con estrutura orgánica non foi doado para unha organización totalmente nova e que conxuntamente temos que construír día a día, para que non se distancie dos alicerces quenos fixeron erguer, participar, empoderarnos... tivéramos máis ou menos experiencia política, viñéramos doutras organizacións, do activismo das rúas ou das inquedanzas das nosas casas.

A capacidade de participar e de decidir colectivamente levounos a aprobar uns documentos na Asemblea fundacional de Vista Alegre, que hoxe en día non están sendo respectados como deberían. Sen dúbida, cometemos erros polo camiño, recoñecelos, rectificar, e sobre todo aprendermos deles para mellorar e ser máis fortes, para enfrontar os novos desafíos e oportunidades que nos abren é algo do que estar orgullosas.

Nas últimas semanas, un grupo de persoas encabezadas polos tres cargos públicos que a día de hoxe ten esta organización (deputadas e senador de En Marea), tomaron unha serie de decisión e realizaron actuacións de parte, nefastas para Podemos Galicia, porque disipan e truncan de forma abrupta a lexitimidade da xente que integra a organización, para decidir dende Galicia sobre os nosos proxectos e os nosos procesos, que están á volta da esquina. Semella que a xente que formamos Podemos Galicia non podemos falar do proceso que nos levou a participar de En Marea nas eleccións xerais. 

Evidénciase que nos queren prohibir e roubar a liberdade de poder debater e decidir entre todas cal queremos que sexa o camiño da nosa organización agora e no futuro. Dá a sensación de que todo está xa sentenciado, non se sabe moi ben porque, nin onde, pero todo o que sexa dialogar, deliberar, propoñer con respecto e dignidade para conxuntamente decidir sobre o que nos atinxe, amósase censurado e reprobado, ultimamente.

Se viñemos formar parte desta organización é precisamente porque a recoñecemos como ferramenta ao servizo da cidadanía, para decidir digna e libremente que itinerario queremos para a nosa organización en cada momento. Non podemos permitir que se converta nunha estrutura vertical na que unha nova elite decida por nós.

A todo isto súmanse as constantes presións que se foron sucedendo nas últimas semanas: retiráronme a capacidade de comunicarme cos cargos orgánicos municipais; pecháronme a conta do correo da Secretaría Xeral; retiráronme a capacidade de poder comunicarme con todas e todos vós, persoas inscritas e que conformades esta organización e que me escollestes no seu día para desempeñar estas funcións. 

Sen abondar noutro tipo de presións...

Ante esta situación, e estando lexitimado como secretario xeral galego polos documentos que conxuntamente aprobamos milleiros e milleiros de persoas na Asemblea de Vista Alegre e tamén polos ditames da Comisión de Garantías Estatal segundo os que sigo a ser secretario xeral galego, considérome acreditado para dar un paso adiante na defensa dos valores éticos e dos principios desta organización, PARTICIPACIÓN, TRANSPARENCIA, DEMOCRACIA, cuestións que nos últimos tempos están quedando de lado ou esquecidas.

Por estes motivos, quero anunciarvos que un grupo de xente de todo o país, entre os que me atopo, imos lanzar un proceso participativo, edificante, que transcenda nunha candidatura ampla, que sexa representativa da esencia do que é PODEMOS e dos fundamentos que aspiramos a que nos identifiquen.

Temos que ser quen de inocular á organización os anticorpos necesarios para evitar que se converta nunha máis de tantas outras que están na escena política, e isto pasa porque esa candidatura teña algunhas cuestións presentes:

- 1 persoa 1 cargo. Cremos que esta organización ten que dar exemplo sendo distinta e garantindo a dedicación exclusiva.

- Cargo orgánico ou cargo público. A única forma de garantir o control e a fiscalización dos cargos públicos por parte da organización é diferenciar as súas funcións, de tal xeito que aquelas persoas que sexan cargo orgánico non participen dos procesos de primarias para seren cargos públicos, ou que, de participar, renuncien ao seu cargo orgánico.

- Acadar fins éticos a través de medios éticos. Non se pode falar de participación sen dala dende o comezo, por iso, é necesario que todo proxecto que poña por diante a participación en Podemos, o faga dende a participación constante para a propia configuración dos equipos.

- Unha organización non monopolizada nin custodiada a nivel estatal, para isto é imprescindible o acceso aos censos a nivel galego e a nivel municipal por parte dos órganos correspondentes, como garantía de democracia e transparencia nos procesos internos e como ferramenta para vertebrar a organización a nivel municipal, comarcal e galego.

- Unha organización descentralizada na toma de decisións. Somos parte dun Estado plurinacional e como tal queremos que sexa aquí, en Galicia, onde teñamos o dereito a decidir aquelas cuestións que nos incumben, sen tutelas e sen paternalismos. Poñendo por diante que Galicia é o primeiro e, polo tanto, ninguén mellor que as galegas e os galegos que conformamos Podemos Galicia para tomar as decisións sobre o noso papel na sociedade, no país e no Estado.

- Unha organización con implantación municipal e comarcal, porque é unha das características que temos, porque somos de pobos e comarcas e queremos ser coherentes e consecuentes coa nosa idiosincrasia. Potenciar e impulsar círculos de ámbito municipal e comarcal é indispensable para construír unha organización achegada á realidade social galega.

Anímote a espallar esta carta a todos os teus círculos familiares, profesionais, de amizades... e a participar deste proxecto que se lanzará ao longo dos próximos días. 

Unha aperta,

Breogán Riobóo Lois 

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Galicia hai 20 anos. Galicia hoxe

Álvaro Rodríguez

No presente século  XXI, conceptos e ideas tradicionais como Patria, Nación, Nación Histórica, Estado-Nación, ou Estado sen nación, cultura propia, cultura nacional (con estado ou sen estado), espírito da nación, pobo, e  civilización, están a ser diluídas, dixeridas, nunha nacente cultura uniforme e líquida con pretensións de carácter universal. Do éxito ou fracaso do proxecto  unificador e devastador da  contorna existente serán testemuñas as próximas xeracións. Agora s…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Psicología y Carnavales

Lidia Rial

Los Carnavales se acercan y con el llega un momento perfecto para que niños y mayores disfruten de este rito tan lúdico. Lo auténtico de estas fiestas es el contexto de libertad en el que todos nos movemos, dejando atrás sentimientos como la vergüenza, la autocensura o el miedo al "qué pensarán de mí". El Carnaval permite sacar toda la alegría e ilusión y disfrutar con quienes se unan a nosotros.  Si durante nuestro día a día, llevamos una "careta" autoimpuesta o inconsciente …

Lidia Rial
Ler máis

La partitocracia del Reino de España

Álvaro Rodríguez

España, al igual que todos los estados europeos,  está gobernada por un partido único, que se divide en facciones. Cada facción se denomina partido, para aparentar pluralidad política y con ello disfrazar la existencia del  partido único. Todo ello se articula mediante el consenso político, que une a todas las oligarquías de las facciones.  Y ello conlleva que las diferentes oligarquías se separen del consenso social. Las facciones van  los suyo, y el pueblo no les  importa.  De e…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
PEL Pemes 2019
X Ruta das Tapas Santa Comba
Autos Xallas
Concello de Coristanco
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Galicia hai 20 anos. Galicia hoxe

Álvaro Rodríguez

No presente século  XXI, conceptos e ideas tradicionais como Patria, Nación, Nación Histórica, Estado-Nación, ou Estado sen nación, cultura pro…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Psicología y Carnavales

Lidia Rial

Los Carnavales se acercan y con el llega un momento perfecto para que niños y mayores disfruten de este rito tan lúdico. Lo auténtico de estas f…

Lidia Rial
Ler máis

La partitocracia del Reino de España

Álvaro Rodríguez

España, al igual que todos los estados europeos,  está gobernada por un partido único, que se divide en facciones. Cada facción se denomina parti…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información