5114 fans     1468 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Daniel Lago

Daniel Lago

Vigo(1979). Licenciado em Ciências Políticas pela USC. Secretario de programas e estudos políticos da Executiva Nacional de Compromiso por Galicia CxG.

1.500 milhões para os bascos e A-76

Publicada: 04/05/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 19 segundos.

O que chamamos “Galiza interior” está a viver, segundo os dados amossam, uma morte lenta e, nos mais dos casos, poderíamos dizer que dolorosa. O despovoamento, a falha de tecido empresarial, o avelhentar da pirâmide populacional e a incapacidade política deixará, de seguir o ritmo atual, um grande deserto vazio e inerte nesta parte do nosso país.

Comarcas inteiras do nosso interior: terras de Lemos, Valdeorras, terras de Trives, Ribeira Sacra,.. todas elas de grandes riquezas, têm sofrido ao longo do tempo o abandono político e o menosprezo das administrações públicas. Se tivéssemos representantes políticos sérios; e não “monicreques”; igual daríamos avançado no desenvolvimento económico e na sustentabilidade e viabilidade futura das mesmas.

E neste desleixo político, até os próprios representantes do povo galego; chamados assim por eles mesmos; aqueles que tinham vindo para muda-lo todo, exercem de advogados do demo, e contrariam uma infraestrutura que uniria, a jeito de quadrícula romana, o interior galego com a nossa extrema do vale do Berço e a sua capital, Ponferrada. Como sempre, Galiza não conta e a construção da autoestrada A-76, Ourense-Ponferrada, fica nalguma gaveta, dalgum escritório do ministério de fomento.

O grupo, que é subgrupo, dentro de um grupo de grupos das e dos deputados de “En Marea” segue as mesmas lógicas eleitorais que o grupo, dentro do grupo, que tinha no seu tempo o Psoe. Segue a vascular a sua eleição cara o eixo onde sabe que tem os votos; que é a fortaleça nação da Espanha; no eixo de mais de 5 milhões de votantes Madrid-Andaluzia.

O argumento usado para opor-se à A76, com um percurso de pouco mais de 125 km, vai desde o da falácia ecológica, ao que também somam o de seu escasso trânsito e uma escassa redução do tempo de viagem. Para a postura contra da infraestrutura, também está o discurso do “ladrillazo”. Tijolo por cabeça é o que têm alguns. 

Estamos diante de uma infraestrutura que daria uma conexão muito mais segura, no que respeita a seguridade viária, do que a través do velho traçado da estrada N-120 e que faria muito mais cómoda e segura, uma viagem a través de uma orografia difícil. Além disto, suporia uma conexão viária que não segue o modelo radial desde Madrid, imposto no sistema de conexões dos diversos territórios do Reino da Espanha. É uma infraestrutura de conexão interior entre a Galiza central e a Galiza oriental, ambas zonas em grave crise demográfica e económica.

O impacto ambiental, que existe, por exemplo, é muito menor do que o das minas da ardósia, entre outros aproveitamentos, que são motor económico na zona, que suporta todo o impacto ambiental e ecológico sobre os rios e os diversos aquíferos e a sua orografia. 

Entretanto, olhamos estes dias como, unicamente 5 deputados do EAJ-PNV, vêm de conseguir uma tarifa elétrica própria, que beneficiara o seu desenvolvimento empresarial e 1.500 milhões de euros para o seu país. A ideologia das gentes do EAJ-PNV, é clara: EUSKADI (sim, com maiúsculas).

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Carballo, Ribeira e A Estrada, onde a lingua galega rexurdíu

Xosé González Martínez

Un rexistrador da propiedade chamado Xoán Manuel Pintos metido a combativo poeta escribíu, “ A gaita gallega”,  o libro máis reivindicativo da lingua galega a mediados do século XIX. Entre verso e verso denunciou a marxinación da lingua galega dos documentos públicos.     É verdade, dicía, que hoxe non usan o noso idioma galego para leis nin escrituras; nin poñen declaración nin estenden testamentos.  Unha descrición exacta do que veu acontecendo nos séculos preceden…

Xosé González Martínez
Ler máis

Crónicas da II Restauración. A CIG mobilízase contra as políticas liberais

Álvaro Rodríguez

 O día 19 de xuño a CIG realizará unha xornada nacional de mobilizacións en defensa das rendas do traballo, da melloría da vida dos galegos, denunciando as políticas liberais existentes.    As políticas liberais ninguén as nega agora, tal vez por estar o PSOE de xerente público. Cando estaba o PP alegaban que era necesario, que era “tal e cal”. Agora xa é así e non se recatan de disimulalo. En La Voz de Galicia do 18 de xuño, Xosé Luís Barreiro Rivas explica que “tod…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Crónicas de la II Restauración. Feijóo y Sánchez

Álvaro Rodríguez

  La prensa libre, independiente e imparcial de la democracia de la II Restauración se centra últimamente en el candidato a sucesor de Rajoy, que todos apuntan a Feijoo, y en apoyar al gobierno de Sánchez en cuanto que continuador de la política económica del PP. Algunos mantienen abierta la posibilidad de que Feijoo no alcance la presidencia del PP y lo descalifican descarnadamente, con todos los epítetos peyorativos que un gallego puede padecer. Si bien, cada descalificación puede t…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Eventos Santa Comba 29/06/2018
Autos Xallas
FENAUCAM 2018
Concello de Coristanco
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
KNM Abogados
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Carballo, Ribeira e A Estrada, onde a lingua galega rexurdíu

Xosé González Martínez

Un rexistrador da propiedade chamado Xoán Manuel Pintos metido a combativo poeta escribíu, “ A gaita gallega”,  o libro máis reivindicativo da…

Xosé González Martínez
Ler máis

Crónicas da II Restauración. A CIG mobilízase contra as políticas liberais

Álvaro Rodríguez

 O día 19 de xuño a CIG realizará unha xornada nacional de mobilizacións en defensa das rendas do traballo, da melloría da vida dos galegos, den…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Crónicas de la II Restauración. Feijóo y Sánchez

Álvaro Rodríguez

  La prensa libre, independiente e imparcial de la democracia de la II Restauración se centra últimamente en el candidato a sucesor de Rajoy, qu…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información