5610 fans     1509 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Antonio-Carlos Pereira Menaut

Antonio-Carlos Pereira Menaut

Antonio-Carlos Pereira Menaut Catedrático de Dereito Constitucional (USC) Jean Monnet Chairholder of EU Constitutional Law Autor de diversos libros e artigos da miña especialidade.

Unha réplica ao Dr. Álvaro Rodríguez Núñez sobre a política, a explotación económica, o poder e libertade

Publicada: 06/12/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
7
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 12 minutos e 59 segundos.

Meu benquerido Dr. Álvaro Rodríguez Núñez, tan amigo persoal como discrepante intelectual:

Graciñas por ese torpedo na liña de flotación da miña humilde teoría político-constitucional. O teu artigo "Sobre la libertad en la democracia capitalista" (Adiante Galicia, 12/11/2018) está moi ben. Erudición da clásica, e ben acaída. Cultura dixerida e repousada. Teño sorte de que non o publicaras no NY Times ou The Economist, porque daría a volta ao mundo e sería unha desfeita global para mín.

O artigo trata de varias cousas. Tema central? Que a Política non xira arredor da liberdade senón do poder (e de ahí o final: "Porque Política sí existe")? Crítica, asemade das democracias demagóxicas? Demostrar que a liberdade non é esencial para a Política? Estás na liña de Hobbes, Schmitt, Julien Freund, etc.? A miña modesta opinión é que se a Política consiste só no poder, autoanularíase conceptualmente, porque para impoñer o poder cru e nudo non se precisa política ningunha; xa o fan os animais. Entre xuristas, como tí e máis eu, déixame dicirche que algo semellante pasa cós que fan consistir o Dereito só no cumprimento mecánico da lei ("La ley es la ley y es para cumplirla", etc.): autoanúlase conceptualmente, porque para eso non se precisa xurisprudencia ningunha, nin interpretación, nin concepto xurídico ningún; iso fánno xa as máquinas.

¿Pode haber política nunha sociedade económicamente explotada? Pode; a explotación económica é lamentable, e tí e máis eu seguramente estamos máis entre os que a padecen que entre a oligarquía política e económica, pero se a explotación non é total, absoluta, non impide que haxa algo de política, aínda que imperfecta.

Cousas máis concretas. Eu tería coidado coas retroproxeccións, aplicando os nosos criterios aos antigos. Grecia era moi distinta; mesmos as diversas "poleis" non era iguais entre elas. Ignoro se é problema só de nomes, pero eles chamaban democracia ao que para nós sería demagoxia. Na mesma liña: as chácharas nas asembleas gregas, hoxe nin existen, non hai discusións, nin de chácharas nin de nada. Aqueles gregos podía falar asneiras nas asembleas, hoxe, os deputados non poden ter opinións propias; os parlamentos modernos non brillan moito (hai excepcións, como o Senado americano ou a Cámara dos Comúns desautorizando a Theresa May estes días có gallo do Brexit). Osiander dí que as "poleis" eran máis ben como cooperativas, e non moi grandes, así que é arriscado extrapolar aquelo aos nosos post-estados post-modernos, todos grandes en comparanza con aquelo. Hai máis cousas intrasladables de Grecia a hoxe: por exemplo, para Platón, Sócrates, Antístenes, etc., os homes tiñan que ser bóos e verdadeiros; os sabios tiñan que ser virtuosos, os gobernantes-sabios, o mesmo (a sabedoría e a virtude eran a xustificación para poder gobernar sen consentemento en argumentos como o de Platón).

Os escravos e os extranxeiros libres (metecos) —libres pero non cidadáns—, podían sumar difícilmente máis do 50% dos varóns adultos; pero —ollo— sempre segundo en qué "polis" e en qué momento, porque había algunhas "poleis" máis pequenas que Carballo (por exemplo), e pouco "internacionalizadas", e polo tanto con menos escravos e menos metecos. Os escravos non podían ser tantos como ás veces se dí porque só a xente acomodada podía mantelos. Un bó escravo-pedagogo, por exemplo, non podía telo calquera. Foran as cifras como foran (que, ademáis, variaban), eso non impedía aos cidadáns adultos e libres facer política.

Outra cousa: realmente, a actual democracia capitalista española non propugna a libertade política (nin outras); polo tanto, para qué seguir a partir desa ficción? Qué hai de científico en leer a etiqueta dunha botella e beber sen averiguar o que hai dentro, whisky ou aguarrás? E seguer despois a xurar que aquelo é whisky, porque o dí a etiqueta? Participación popular: dígase o mesmo. As etiquetas non determinan o contido. Repitamos, qué hai de científico en insistir en que vivimos nunha democracia con participación popular e división de poderes, contra toda evidencia? Ideoloxía democrática fundamentalista, hoxe, aquí? Eu non a vexo —fora das etiquetas, repito—; antes vería o contrario. (Tal vez teña que mudar a graduación das gafas; mañán por se acaso vou ao oculista).

Todo o que dís dos recortes sociais, e últimamente ALCOA (vivo na Coruña), é certo. Pero eses obreiros ou parados poderían votar en branco, ou non votar; poderían, por último, desconfiar do que lles dín os políticos (ata por saúde mental), como desconfiaban os nosos devanceiros ainda que foran labregos ou mariñeiros analfabetos; podíamos fiarnos máis de nós mesmos, ou do noso sentido común, como os incivilizados vaqueiros do Oeste americano no século XIX, que fiábanse só de sí mesmos. Eses obreiros, como os profesores emprobecidos, non estamos determinados senón condicionados; podíamos, polo menos, non aparentar que deixamos que nos tomen por tontos.

Pasemos á liberdade do Parlamento español, e de España no seo da UE. Pregunto: Por qué Portugal dí que fará o que goste no tema da hora, namentras que España semella un manso año? Por qué o pequeno parlamento autonómico de Wallonia foi quén de desafiar un acordo transatlantico con Canadá? Por qué Polonia e Hungría rebélanse (deixemos agora con cánta razón o fan)? Por qué o Parlamento británico desautoriza a Theresa May, namentras que aquí sería impensable? Non son os Tratados da UE igual para todos, e nembargantes uns países son máis independentes e outros menos, e España a máis domesticada? ¿Por qué Italia rebélase, e España non? Eis, agora mesmo na Francia esa tremenda liorta dos chaleques amarelos, que en España sería inimaxinable, a pesares de haber aquí máis motivos que alí. Por acaso a natureza humana non é a mesma? Pois ahí temos exemplos da liberdade persoal en función.

Outra cousa que vexo no teu artigo, e que igual pode ser unha cuestión de estilo, ou de maneiras de argumentar, é o teu enfoque tirando a contrastar, tirando cara ao branco-negro: se a democracia non é total, logo estamos nunha ditadura total (que estar en ditadura, estamos; ou mellor, oligocracia; pero total non o é, como o proba o feito de eu estar a publicar isto); de non ser todos libres en Atenas no 400 antes de Cristo, non había liberdade suficiente como para poder falar de verdadeira actividade política? O cen por cen da liberdade para o cen por cen da poboación, nunca existiu. nin nas épocas máis douradas das democracias liberais anglosaxonas. Pero tampouco o contrario. Eu, como galego, estou cómodo cós enfoques grises en diversos tons de gris, "depende", "por un lado, xa ves, polo outro qué queres que che diga", etc. Por veces, me penso que é o máis realista.

Retropregunta final: Dr. Rodríguez Núñez, entre turrón e champán, champán e turrón: ilústrame acerca de cómo podería haber verdadeira política alí onde non houbera nada-nada de decisión humana libre e responsable, senón todo-todo de pura imposición do poder?

Apertas e Bó Nadal,

ACPM

A Coruña, 4 de Nadal de 2018; aniversario das multitudinarias manifestacións na defensa do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Duelos y muertes

Lidia Rial

Si hay algo que une a todas las personas, da igual, la raza, el sexo, la clase social o la religión, es la muerte. El papel de la psicología en este caso incluye un rango amplio de atención, tanto si la muerte es producida por causas naturales, personas que han atravesado una larga enfermedad, accidentes, suicidios… Trabajando en todo momento con el entorno que atravesará este duelo. Las reacciones que todos ellos tendrán son únicas y diferentes. Cada persona acepta y atraviesa est…

Lidia Rial
Ler máis

Sobre la libertad en la democracia capitalista

Álvaro Rodríguez

  “Debemos insistir en el carácter libre de la acción política porque, a pesar del gran Aristóteles, no siempre ha sido tenido en cuenta. La política no existiría sin la impredecibilidad, la indeterminación y la falta de certidumbre. (…) La conexión entre política y la libertad es doble: la primera, porque es una actividad que hacen hombres libres, no esclavos, siervos ni súbditos, y que necesita un mínimo de libertad para su desarrollo normal. (…). La segunda estriba en que…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Feijóo y la bola extra

Xosé Manuel Lema Mouzo

Asistí a tres actos comarcales de presentación de candidatos del Partido Popular a las elecciones municipales, celebrados en Corcubión, A Laracha y Santiago. Se presentaban los aspirantes en los municipios de los partidos judiciales de Corcubión, Carballo y de la zona sur. Las tres citas contaron con la presencia del presidente provincial, Diego Calvo, como máximo referente sobre el estrado.   Nadie duda que el mayor activo que los populares tienen desde hace años, con gran diferenc…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Nadal Cee 2018
Nadal Coristanco 2018
Banner Diputación POS 2018
Nadal Santa Comba 2018
Autos Xallas
App Gadis 2018
KNM Abogados
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Unha réplica ao Dr. Álvaro Rodríguez Núñez sobre a política, a explotación económica, o poder e libertade

Antonio-Carlos Pereira Menaut

Meu benquerido Dr. Álvaro Rodríguez Núñez, tan amigo persoal como discrepante intelectual: Graciñas por ese torpedo na liña de flotación da …

Antonio-Carlos Pereira Menaut
Ler máis

Duelos y muertes

Lidia Rial

Si hay algo que une a todas las personas, da igual, la raza, el sexo, la clase social o la religión, es la muerte. El papel de la psicología en e…

Lidia Rial
Ler máis

Sobre la libertad en la democracia capitalista

Álvaro Rodríguez

  “Debemos insistir en el carácter libre de la acción política porque, a pesar del gran Aristóteles, no siempre ha sido tenido en cuenta. La…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información