- Cargando las noticias de última hora...
Álvaro Rodríguez

Alvaro Rodríguez Núñez, Cambados 1972, abogado y Doctor en Ciencia política. Tiene publicado varios libros, así como estudios políticos en diferentes revistas de pensamiento político.
A mesma manobra
Publicada: 11/02/2021
Email Facebook Twitter Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo
Tempo de lectura: 4 minutos e 24 segundos.
A prensa escrita informou que ABANCA gañou no 2020 433 millóns, dos cales 273 dedicounos a reservas. «As cinco integracións realizadas nos últimos anos comezan a render froito, de forma que as melloras de rendemento triplican aos gastos» lembraba un dos dirixentes de ABANCA. A outrora banca pública, agora en mans de capital internacional, vende a súa existencia e usura como un éxito empresarial. É un exemplo da realidade plutocrática do réxime de España. O sector Publíco está pasando a mans do gran capital internacional.
Hai uns anos foi o grupo público INI: SEAT, CELULOSAS, IBERIA, TELEFONICA , SIDERUGICAS, ELECTRICAS, ARMAMENTOS, CAMPSA, etc.
Despois chegou a privatización parcial doutros sectores como a sanidade. Todo iso, dentro da política de eliminación da industria de España, hai 40 anos, 10ª potencia mundial industrial. A UE, antes CEE eliminou a agricultura, os estaleiros e a pesca, e obrigou a eliminar a industria.
ABANCA é un exemplo de como o gran capital manexa á clase política. A daniña partitocracia está ao servizo do gran capital internacional. Así de triste e perigoso. Aos poucos, década tras década desde a implantación desta “ DEMOSGRACIAS” todo o público e rendible pasa a ser privado e igualmente rendible. Aínda que provocan antes unha pequena xustificación para vender ou regalar o publíco. E pasado o día, xa anuncian os beneficios. ¿Por qué a banca pública galega non podía seguir sendo publica?. A resposta é fácil: o plan era o plan, e executárono á perfección.
Este repaso pola triste historia económica e do publíco é para lembrar que a manobra é sempre a mesma. Indícase que un sector non é rendible, para xustificar o seu pase á privada e a mans do gran capital internacional. E aos poucos días, xa volve ser un negocio rendible. Pero xa non é publico, senón do gran capital internacional.
Pois ben, recentemente, e repítese machaconamente, todas as semanas, en todos os diarios, revistas, televisións e demais medios de propaganda, que a UE, esixe reformas ao sistema de pensións…e que o preparen xa… Nun medio de comunicación indicábase que: “O representante da Comisión en España, Francisco Fonseca, sostivo a semana pasada que a institución lle pediu ao Goberno español que, polo menos, fixase un calendario para as dúas reformas máis conflitivas: a das pensións e a laboral”. E insisten cada semana na mesma necesidade. Non sexamos inxenuos…branco e en botella…
Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:
Pódeche interesar...
Grazas Paulino Castiñeira Castro
Xosé Manuel Lema Mouzo
A Paulino Castiñeira Castro contacteino fai anos para unhas crónicas que estaba facendo para a Agencia EFE, sobre unha das iniciativas da Sociedade Filatélica de Corcubión. A través da liña telefónica escoitei a un home entusiasta e servicial. Décadas despois volvemos a encontrarnos a través das redes. Paulino lembroume a importancia histórica de Corcubión e a relevante traxectoria de varios dos seus fillos. Pedía difundir as historias da vila de San Marcos e ofrecía algún cons…

Los amos del progresismo
Álvaro Rodríguez
El grupo PRISA es el medio de comunicación “progresista” de España. Desde él se defiende la visión denominada vulgarmente “socialista” o “socialdemócrata”, y “a la “española”. Las personas que se afirman “progues”, ya sea por interés crematístico, estética, tradición, por convicción o conveniencia, se forman en la opinion que ese medio lanza y presenta día a día. Ello a través de sus múltiples medios, como prensa, radio, editoriales, li…

El Despotismo del Siglo XXI, ni divino, ni ilustrado
José Manuel Palacín Y Rodríguez
El XVIII es el denominado Siglo de las Luces. Existe una concomitancia entre los historiadores al considerarlo como la más próspera de las centurias desde la Caída del Imperio Romano por ser, en general, un período de paz en el cual aparece la Ilustración como movimiento intelectual; un nuevo orden que solo tuvo parangón en la Grecia Clásica con el desarrollo de la filosofía y la democracia. Pero lo más sorprendente es que esta corriente toma el suficiente brío como para que los …
