In memorian. Antonio Rodríguez Caamaño

Comunicáronme o pasamento de Antonio Rodríguez Caamaño. Unha desas malas noticias que che fan reflexionar. Nunca estiven ao seu carón fisicamente, pero hai anos que creamos un vínculo forte.

Tiñamos moitas coincidencias. Natural da Ponte do Porto, coñecía a miña familia e era un amante da música.

Empezamos a intercambiar mensaxes a raíz dun artigo que fixen sobre as cancións que el gravara con Eliseo (“Puente del Puerto”, “Playa de Arou”, “O Caldo de Riola”, etc.).

Acabei facéndolle unha entrevista en “Na Encrucillada”, e Antonio converteuse nun ouvinte ocasional de Radio Xallas.

Chamoume varias veces e escribiume outras tantas para falar das entrevistas do programa, de historias das orquestras galegas, anécdotas da Ponte e dos grupos dos que formou parte aquí, Los Póker e Los Auces. E das súas veladas como DJ en Inglaterra (“Antonio el Musicante”), e por suposto, daquel dúo de emigrantes en Inglaterra que encheron as casas e os coches da comarca cos seus cassettes.

Dunha familia estupenda, Antonio era un exemplo de superación. Non se rendiu nunca, a pesar de que non o tivo fácil, e sempre coa música de compañeira.

Grazas pola túa amizade, polo teu aprezo e Boa viaxe, amigo Antonio…

P.D.) Comparto o artigo coa entrevista que lle fixen e maio de 2021

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos