Cartas de lonxe (VI)
As políticas actuais como as de outrora teñen consecuencias tamén nos ámbitos sociais, culturais, económicos, estéticos ou morais. No presente político algunhas faccións políticas están alarmadas polo incremento do apoio ao que denominan ditadura. Din que crece o apoio a unha ditadura.
Na anterior Carta (Cartas de lonxe(V). As contas democráticas) razoabamos como co apoio dunha minoría, 2,5 persoas de cada 10 con dereito a voto, é suficiente para ter maioría absoluta e absolutista. Analizabamos como cos impostos dos 10 pódese beneficiar ou premiar a esa minoría de 2,5 persoas das 10, e como coa legalidade do sistema do sufraxio lexitímanse.
Un elemento interesante a estudar é a estasiología, ou como se organizan as diferentes faccións políticas, ou como en certas republicas o equipo gobernante selecciona aos seus compoñentes, aos seus cargos, e como por todo o escalafón repítese tal sistema.
É positivo para a dirección dunha facción política, nun réxime de usufructo temporal do poder, recrutar a persoas competentes? Os especialistas na materia conclúen que neses sistemas obsérvase que o recrutamento é o oposto.
Na súa opinión os dirixentes de certas republicas queren leais, non persoas competentes que lles poidan arrebatar o posto. Por iso, e atendendo a esas teses, os equipos das direccións políticas selecciónanse entre leais sempre máis incompetentes que os lideres existentes. Nunca entre competentes aínda que sexan leais, xa que o competente leal mesmo ao seu pesar, tamén pode ser levantado polos demais membros do equipo ao cargo de dirección.
Nas republicas con ese método de selección, por lei natural, os segundons elixidos por leais pero non competentes, ascenden no escalafón, e repiten o sistema de selección dos subalternos. Os membros das faccións políticas aos poucos, no trascurso de varias décadas, se depauperan.
Para evitar a perda dos seus postos as faccións pechan as portas aos posibles competidores exteriores que son máis competentes que eles. Este sistema de selección do persoal das faccións políticas leva a depauperación da clase dirixente en todos os escalafones. Desde diferentes ángulos e métodos de análises, autores como Robert Michels, Vilfredo Pareto ou Gaetano Mosca analizan estes interesantes feitos.
Quen sucede ao xefe caído? Os subalternos antes elixidos pola súa lealdade e a súa menor competencia. Eses á súa vez rodeásense de leais menos competentes. Na escaleira para acceder ao poder repítese o mesmo sistema.
Os que están no poder tamén xeran competencias entre os segundons para que ningún senta seguro ou se creen alianzas entre os segundoxénitos ou segundons. Como nos equipos deportivos, existe un banco de suplentes, de posibles substitutos, e todos eles coa esperanza de ascender de categoría. Con iso os xa seleccionados teñen a certeza de que pola súa máis mínima deslealdade saen do posto e son substituídos polos que están a esperar no banco.
Seguindo coa mesma tese eses autores consideran que o aplicable ao sistema de recrutamento das faccións políticas ten a súa plasmación na política de repartición do diñeiro recadado polos impostos, que no presente chámanse subvencións.
Unha subvención é unha doazón de capital recadado vía impostos que se lle entrega de forma gratuíta a outro sector. É un transvasamento de capital, onde uns pagan e outros o reciben.
A quen van dirixidas as subvencións? Outórganselle ás empresas, persoas ou entes competentes e produtivos, ou aos entes ou persoas leais ás faccións antes descritas? As persoas xurídicas ou físicas que reciben as doazóns de capital son as competentes para multiplicar o capital? De ser competentes terían crédito bancario para desenvolver as súas actividades? E si non teñen crédito bancario, cal é o criterio para regalarlle diñeiro a ese sector e non a outro?
Talvez como consecuencia de todo este funcionamento das faccións políticas, algúns grupos de persoas están fartos e queren cambios. Os beneficiados polo procedemento queren manter o método o maior tempo posible, e por iso, talvez, desacreditan aos que están en desacordo con tal funcionamento tachándoos de querer impor unha ditadura.

