9.2 C
Santa Comba
jueves, enero 8, 2026

Trava

A palabra «trava» coa que se coñece á importante familia nobiliar dos Trava en Galicia, vinculada ao condado de Trastámara, semella ser cando menos un xermanismo da época da ocupación sueva de Galicia. Do alemán «treffen», «traf», co significado de «combate», «encontronazo», «enfrontamento», «ferir», procede do alto alemán «treffan» e do proto-xermano «drepan», *drepana. Cun significado semellante tamén temos «träffa» en sueco e «træffe» en danés, pronunciado «trafa», e «traff» en noruegués, co significado de «golpear».

Da raíz indoeuropea *drepana, nas linguas nórdicas tamén temos o termo «drepa», co significado de «matar», «golpear», «capturar», «abater». En inglés «drop», co significado de «caer» e tamén «drub», co significado de «apalear».

Co significado de «capturar» «abater» pasou ao francés e ao normando coa forma «trappa» «traper» «atraper», tamén co significado de «confinar». En inglés temos «trap», co significado de «trampa» e tamén en castelán «atrapar», co significado de «capturar» . En portugués «trapa» era unha «cova preparada para caeren as feras». Coa idea de «confinar» e «capturar» temos tamén a palabra «trabilla» e «traba», como un elemento que impide a liberdade. Pedro «Froilaz» de Trava significa Pedro «amo e señor» de Trava.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos