26.7 C
Santa Comba
miércoles, julio 16, 2025

Xuño bis, ou o día da marmota

Rubén Lorenzo- Portavoz do PP de Carballo

Resulta, cando menos, curioso que o calendario anual que edita o concello de Carballo e paga, por certo, con cartos públicos, repita por erro o mes de Xuño, mes das festas grandes do San Xoan.

Semella que nun lapso freudiano, desos que derivan do subconsciente, o goberno local gustaría de permanecer en festa e tempo libre canto máis tempo mellor.

E non estamos a renegar das nosas festas, todo o contrario, consideramos que reforzarlas e mimalas non consiste en perpetualas por dous meses, mais sí en poñer todo o empeño en que recuperen o seu esplendor, o mesmo que precisa a nosa vila.

Esta anécdota, que refricte o pouco esmero no que se fai, en temas puntuais, convértese nun feito que denota a neglixencia que repercute noutros temas importantes e de maior impacto na vida das e dos carballeses. Estamos a falar do mal estado nos parques infantis, do abandono das parroquias, do caos na mobilidade de Carballo, a teima por non abrir a Vila de Negreira, a promesa incumplida dende fai máis de 6 anos do edificio de entidades sociais, a reforma do Pazo da Cultura ou a da nosa descoidada praza do Concello.

Neste curso, dende o concello, decidiron ser hiperactivos en redes sociais, decidiron, por fin, trala petición ignorada de anos, retransmitir as sesións plenarias, pero por moito esforzo posto nas tecnoloxías, non poden pretender agochar a inacción real. Baixo unha sobreactuación virtual, nunha sorte de venta de fume, nada muda nos problemas que dende anos acumúlanse en Carballo.

Confiamos en que, agora que o señor alcalde vai desfrutar da súa xubilación como mestre, pense se será tamén o momento de xubilarse como rexedor municipal, porque o que non se fixo en 22 anos non se vai facer agora, por arte de maxia, un coello que sae da chistera.

Dende o grupo municipal popular, iremos no mes que corresponda, de aquí a maio do 2027, sen demora, denunciando o abandono de certos temas, pero tamén facendo propostas en positivo para devolver a Carballo a posición de cabeceira de comarca, que endexamáis debeu perder.

Rubén Lorenzo Gómez.

Portavoz Partido Popular Carballo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos