7.5 C
Santa Comba
viernes, enero 17, 2025

Respetados preguiceiros triunfadores

Carta de Critias a Terámenes XX.

Levo nesta Republica moi pouco tempo e xa teño unha fortuna sen investir absolutamente nada. Non gastei diñeiro, nin lle dediquei estudo, nin talento, nin moito menos traballo. Non arrisquei absolutamente nada. Todo o gañei seguindo as instrucións dos moi bos amigos oligarcas.

E é que amigo Terámenes, esta Republica é fabulosa para enriquecerse. Os oligarcas teñen garantidas taxas de beneficios superiores á media do mercado. Supoñerás, e supolo moi ben, que tanto beneficio é a cargo do erario da Republica e dos traballadores produtivos. O método por eles usado é igual, exactamente igual, que o método periclitado na nosa polis.

Nada máis chegar manifesteilles aos amigos oligarcas a miña intención de gañar diñeiro na súa República. A cambio dunhas promesas secretas, (só en persoa direichas) indicáronme que non había problema. Tres amigos oligarcas organizaron todo. Os tres están no grupo máis distinguido, querido e respectado pola poboación da república: son modelo de triunfadores exitosos.

Un garantiume financiamento xa que é un brillante usurero; Xa tiña capital. O outro amigo indicoume que poñía á miña disposición as súas cuadrillas de traballadores; Xa tiña man de obra. O terceiro expúxome o plan definitivo: ían ordenarlle a uns cargos públicos sorteados que me adxudicasen a construción de 7 pontes e 70 calzadas. Xa tiña o super negocio. Os gastos correntes poñeríaos o amigo brillante usurero. As obras realizaríanas os obreiros. O cargo público sorteado cumprindo estritas ordes daríame o contrato por todas as obras.

A taxa de beneficio foi o triplo á taxa media de ganancia ou beneficio. Os contratos estaban magníficamente inflados nesa proporción. A maiores as obras terían unha duración dunha xeración e non de 300 anos, por iso a maiores aforrábase custo en materiais e man de obra. Todo iso axustada á estrita legalidade Xenerosa.

Ese foi o meu primeiro negocio. Os inxentes beneficios repartímosnol: un 30 % para cada un dos oligarcas, o 7% para min, e o 3% restante foi a recompensa pola obediencia e servidume do cargo público sorteado.

Este foi o meu primeiro contrato e primeiro beneficio. Seguíronlle a construción de hospitais, cuarteis para a milicia, portos, xardíns, peiraos e un sen fin de faenas. Nunca arriscamos nada. O método foi sempre o mesmo: invariablemente dentro da legalidade, adxudicáronme obras cunha taxa de beneficio un triplo superior á media. Repartímonos a ganancia, e dámoslle un pequeno aguinaldo ao cargo público sorteado.

A resistencia ou vida útil das obras nunca poden durar máis de tres lustros ou o que é o mesmo, unha xeración. En principio terían que durar tres séculos mais non pasan de 15 anos. O motivo é moi simple. En 15 anos entran novos cargos públicos a través do sistema de sorteos. Así as obras xa estarán en ruínas, e teremos novo ciclo de negocio. A nova xeración, aínda que estrañada, acepta volver pagar todo o inxente malgasto millonario que vai aos nosos petos. Se alguén culpa a alguén, xa transcorreron 15 anos, a responsabilidade prescribiu. Moi enxeñoso método de saquear.

A maioría dos oligarcas gañan os seus diñeiros a través do fermoso e brillante saqueo da Republica. Os pequenos de cada aldea repiten o método na sua proporción. Entre uns e outros, cos sicofantes incluidos, son un sector considerable da población. Os sicofantes son preciosos dogos.

O sistema e repetitivo. Os esplendorosos usureros prestan diñeiro ao erario público da Republica, a Republica con ese diñeiro asina contratos cos oligarcas, e os oligarcas teñen o seu inxente beneficio. Unha parte pequeña vai para os pequenos. O usurero ten garantido o pago, e en caso de problemas, todo o pagaría o pobo a través dos seus impostos.

Amigo Teramenes, envíoche unha nave cos meus tesouros e o ouro acumulado. O máis intelixente é sacar toda a riqueza de aquí antes de que o inevitable aconteza.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos