12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

“Os contos non enchen”


En Camariñas temos un goberno que non goberna. Despois de mais de 40 anos de retroceso coas mesmas siglas, estamos nunha nova etapa liderada pola alcaldesa Sandra Insua que vai camiño de batir os récords de ineficiencia anteriores.


A señora Sandra basa a súa acción en buscar excusas. En Camariñas temos os impostos dos máis altos da comarca, e somos dos concellos da provincia con máis deuda pero a culpa disque non é de quen goberna. (Increíble).


Anuncios e propaganda. Pero feitos poucos. Anuncian que están cos pliegos de Aldea Madeira pero seguimos sen eles. O mesmo co SAF.

«Os votos do psoe FORON SUFICIENTES PARA APROBAR CATRO SOLDOS PERO NON VALEN PARA SOLUCIONAR O PROBLEMA DO SAF»


Os votos do PSOE foron suficientes para aprobar os 4 soldos do goberno e para subir impostos pero non valen para solucionar o problema das traballadoras do SAF. Coa súa maioría absoluta non foron capaces de aprobar uns orzamentos nin en 2023 nin en 2024. Somos dos poucos concellos que estamos sen presupostos. Pero tampouco asumen a súa culpa.


O goberno socialista non realizou o mantemento do paseo marítimo, atacaron a Xunta pero agora recoñecen que é unha responsabilidade do concello. Deixan que esmoreza a Casa de Man de Camelle e afirman en pleno que non van a actuar na contorna desta xoia turística, limpan as vías tarde e moitas veces mal, deixan as parroquias abandonadas. Non teñen proxectos e viven a golpe de titulares de prensa.

«o pp SEGUE TRABALLANDO DESDE A OPOSICIÓN. fISCALIZAMOS E PROPOÑEMOS.»


Este goberno é nefasto. Poden seguir coa súa propaganda, pero este desgoberno non se pode ocultar e a xente estao vendo e sufrindo nos seus bolsillos.


Señores do goberno, o PP, segue traballando desde a oposición. Fiscalizamos e propoñemos. Nós NON aspiramos a ser un socio preferente do PSOE como o BNG. Ofrecemos unha alternativa a esta mala xestión. Así seguiremos mal que lles pese. Non se poñan nerviosos, pero o certo é que os contos non enchen…. En Camariñas tampouco.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos