15.5 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Sobre a Dialéctica

Carta de Critias a Terámenes. XVII.

… Debemos usalas con habilidade e fanatismo. Coas perniciosas facemos dano, calumniamos aos inimigos. Coas oficiosas obtemos o noso beneficio xa económico xa político. Coas xocosas provocamos a risa e coas piadosas evitamos o sufrimento dos nosos servos. Todas as mentiras, xa perniciosas, oficiosas, xocosas e piadosas deben usarse en conxunto, creando así mentiras ou falacias mixtas. A técnica da mentira é o método máis barato e fácil para ocultar a realidade.

Preguntádesme o motivo da nosa aparente liberalidade coa desorde…Volvo repetir: Os nosos antepasados obtiveron o poder polo uso sistemático e brutal da violencia, coa instauración do Terror e cos maiores crimes que viu a Humanidade. Centos de guerras civís, gañadas e perdidas, déronnos finalmente o triunfo. Ata hai pouco escravizabamos a pobos indefensos. Pero hoxe a nosa debilidade aconséllanos ser liberais e non recorrer á nosa tradicional violencia, telo presente.

Os nosos inimigos do Anterior Réxime eran poderosos e aínda que a súa etapa histórica había acabado e eran unha rémora para o Progreso, o certo é que só coa violencia puidemos empolicarnos ao poder, destruíndo o caduco e vello. O pasado e atrasado era superado polo novo acorde ao Progreso. Os nosos científicos traballaron con afán expoñendo as leis da dialéctica, e noutros labores necesarios… Lembrades ao famoso cirurxián Joseph-Ignace Guillotin. (Grandes risotadas, aplausos e alboroto na sala).

A esencia da dialéctica é a loita entre contrarios. Os nosos sociólogos definen a esencia do Político como dialéctica entre amigo e inimigo. É lei ineludible. Mais as leis da dialéctica deben ser ocultadas, e cando non sexa posible, escurecidas con metafísica e idealismo. Hoxe a ignorancia, ao contrario dos nosos tempos revolucionarios, está do noso lado.

Pero non debedes confundir os termos da Historia cos tempos humanos. Son tempos diferentes. O Anterior Réxime era anacrónico moito antes de ser derrocado, e só na etapa de Ancianidade foi superado. O que tento dicirvos é que coa nosa acción podemos influír. Certamente é irreversible o cambio, e o noso réxime xa evidentemente decadente será eliminado, como outrora foron os anteriores, e do mesmo xeito que nós eliminamos ao último. Pero dado que o destino colocounos neste estadio de decadencia, somos nós os que debemos tentar permanecer o máximo posible. A caída pode suceder na nosa xeración ou nas seguintes. O vello topo non despacha invitación.

Pero toda esa evidencia debe ser ocultada aos nosos servos e en especial aos sicofantes. Se os nosos sicofantes e servos cheiran que somos débiles abandonarannos agora. Lembrar como servos e sicofantes do Anterior Réxime pasáronse ao noso bando cando aínda non estaba o Anterior abatido. E cando se reinstauro o Anterior Réxime, os mesmas piaras de servos e sicofantes volveron ao vello curro …pero amigos meus, riámonos!!! …. Cando finalmente demos o último empuxón, o artefacto do noso amigo o cirurxián traballou con afán lembrándolle aos sicofantes a quen tiña que render pleitesía. (Risas, xolda e aplausos entre o público).

É por iso que o medo debe seguir centrándose nos nosos servos e en especial no sector sicofante. A prolongación da nosa supremacía será consecuencia do uso hábil das catro categorías de mentiras, e dos tres medos que aniñan na alma dos nosos servos e sicofantes. Máis adiante desenvolverei os tres medos e o seu uso na política.

Os inimigos non nos temen como nós non temiamos aos gerifaltes de outrora. A nosa menguante fortaleza reside en manter á masa servil e sicofante sometida. E insisto, en especial aos sicofantes, xa que os mesmos que hoxe nos fan a bóla serán as pelotas do réxime nacente. Coa mentira e o medo temos as correaxes dos sectores sicofantes Mollies e Squealers. De entre eses sicofantes saen a maioría dos aspirantes ao sorteo dos cargos. Más nunca esquezades que sicofante e traizón son sinónimos.

A lei da unidade e a loita dos contrarios é a fonte interna do movemento e desenvolvemento dialécticos. É da nosa esencia social, histórica e humana de onde nace o cambio e por iso é inseparable da nosa natureza. Sabido iso, estimados amigos…sigamos fomentando a metafísica, estimulemos a mentira, o medo, obscurecer as mentes dos nosos sicofantes e servos. Non podemos evitar o cambio irreversible, mais gocemos do momento, gocemos dos praceres e retardemos o Futuro. (Grandes risotadas, xestos de aseveración e aplausos na sala).

Imos facer un receso e en 15 minutos se vos parece ben continuamos coa exposición dos tres medos.

Extracto dunha sesión do curso O Medo Social: situación actual, mantemento e futuro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos