12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

EUA e as súas distraccións son os vencedores

O Califa de Córdoba conseguía ruborizar ao Presidente do Goberno Felipe Gonzalez denunciando as súas políticas ultra liberais, e o Isidoro da Cia tacháballe de comunista a modo de insulto ou descualificación. Insistía Julio Anguita que non era de recibo buscar subterfugios para tapar as políticas liberais acudindo a temas de alcoba ou intimas.

O artigo 14 da Constitución defende e garante a igualdade de todas as persoas, e os temas de alcoba son do ámbito estritamente privado, e o dereito á intimidade debe ser garantido. Expoñía o líder político que talvez esas novas políticas só obedecían a unha manobra básica do liberalismo económico: desviar a atención sobre os problemas básicos da clase traballadora, e crear novos imaxinarios sociais que ocultasen a realidade do capitalismo.


James Petras (Vide. Informe Petras) coincidía coa visión de Julio Anguita: para ocultar a acumulación de Capital en prexuízo das clases medias e traballadoras, os liberais de España i Europa, as súas “terceiras vías”, creaban reclamos inexistentes e alleos á problemática imperante. Así embaucaban aos bienintencionados. Petras insistía que temas como a legalización de drogas, ou a creación de colectivos novos como obxectivos de loita grandilocuente, non eran máis que outra de tantas falsidades do capitalismo para desviar a atención sobre os recortes de dereitos e salarios dos traballadores.


Tomas Piketty na súa obra Capital e Ideoloxía expón que a concentración de riqueza actual é a maior desde o século XVIII. O turbo capitalismo está en pleno apoxeo, e non coñece límites. A súa imposición da libre circulación de capital e mercadorías eliminando as soberanías nacionais e a imposición da libre circulación de persoas por todos os países, son políticas necesarias para seguir coa acumulación de capital. E as clases medias desaparecen.


Unha cousa curiosa e simpática aconteceu nos últimos 20 anos: os que se opoñían ao Capitalismo, e denunciaban as súas manobras de distracción eran descualificados como comunistas. Hoxe son Fachas. Todo o que expoñía Julio Anguita acababa coa famosa resposta de Felipe Gonzalez: Vostede é un comunista! A réplica sobre o articulo 14 da constitución, defensa dos traballadores, sempre tiña como resposta: Vostede é comunista! Hoxe a resposta é Facha!


Venceron os Liberais. Triunfaron. Vitoria total, e hai que recoñecelo. A rendición da esquerda foi incondicional. Hoxe non existe. Morreu. Gustavo Bueno defínea como Esquerda Indefinida: turbo capitalista e centrada en políticas liberais Made EUA. Hoxe, 30 anos despois, asistimos á imposición das mesmas políticas para desviar o debate sobre a cuestión básica, e que non é outra que a eliminación da clase media.


¿Quen é o suxeito máis interesado na imposición desas ideoloxías liberais de distracción? – EUA. Vexámolo: Na páxina WEB da embaixada de EUA de España, o pasado día 6 de xullo de 2021 expoñía: “reafirmamos o noso compromiso de solidarizarnos coas persoas LGTBQI+ en todo o mundo, na súa loita continua contra a discriminación e a inxustiza”. 8 de outubro de 2022: “O FBI participou nunha xornada sobre delitos de odio organizada hai uns días pola Comunidad de Madrid e Transexualia”. 10 de febreiro de 2020: “a defensa dos dereitos LGBTI é fundamental non só para a nosa Embaixada, senón para todas as Misións Diplomáticas estadounidenses no mundo”.


Todos somos iguais ante a lei sen que poida existir discriminación algunha por razón de sexo ou orientación sexual. É un dereito básico. Máis como podemos observar, talvez os EUA usan a certos colectivos para facer campañas a nivel mundial, tapando, encubrindo, as vergoñas da política capitalista. En España asistimos día a día ao empobrecemento da clase media e traballadora. E asistimos como ante esa pobreza, o Réxime do 78 vasallo de EUA, recorre a discursos varios para tapar a explotación. Con esa manobra de distracción os capitalistas de España distraen ao pobo. E gañan eles.


Julio Anguita e James Petras entre outros, descubriron hai décadas a nova ocorrencia do capitalismo. E foron derrotados. O Réxime do 78 e a sua partidocracia servos de EUA son totalmente liberal-capitalistas. As súas políticas de distracción son moi boas. A súa vitoria é total e abafadora.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos