12.4 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

Juan Carlos Cotelo, o Lobo de Vilaño


Se tes espírito rockeiro e corazón de heavy metal e emigras durante uns anos, as cousas vense desde un prisma diferente.

E hoxe quero falarvos dun tio excelente. Cando volvín a patria do heavy, imaxineime utopicamente, un metalhead aguantando unha bandeira entre as mans e dicindo: A ver Lema, estaba esperando por tí. Vén botar un cable !!.

E o máis fantástico foi que encontrei algo mellor. Un tipo que alternaba o volante dun camión e unha guitarra Ibanez .O tío que tocaba nun dos grupos que eu máis admiraba na nosa Galicia.

O grupo son os Tálesien. O paisano en cuestión é Juan Carlos Cotelo Muíño.

Cotelo é unha enciclopedia viva do heavy metal. Un divulgador desinteresado do rock. Pero o que é aínda máis fenomenal, é desas persoas que coñeces e inspiran confianza. Que teñen unha perspectiva positiva, que escoitan e sobre todo que escusan asinar documentos porque teñen palabra.Que están dispostas a axudar e que ferven na paixón do rock.

Se tivera que debuxar nun papel o prototipo de amigo seguramente tería a imaxe de Juan Carlos. Foi agradábel tropezar con el neste camiño, e é un pracer que sexa un dos meus poucos grandes amigos. E fiel colaborador-produtor dos Lobos de Metal.

É unha desas cousas marabillosas que ofrece a vida. Compartir, aprezar, vivir. E se por riba é a ritmo de guitarras desenfreadas moito mellor.

Hoxe quería render unha homenaxe a un amigo. Unha desas persoas que transmiten enerxía positiva e boas vibracións. Unha persoa que merece a pena, o Lobo de Vilaño. Ouvea rock and roll. Está feito de madeira nobre.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,838SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos