11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Que broma tráense en Bruxelas

A Comisión Europea prohibe pescar á frota galega. Aproba 87 vedas e dos 1.000 barcos que non poden pescar 500 son españois, dos cales 207 de Galicia segundo os cálculos da Alianza Europea de Pesca de Fondo (EFBA, polas súas siglas en inglés) e a patronal pesqueira Cepesca. O regulamento que o prohibe aprobouno a UE, e aplícase a través da Comisión Europea en base a criterios “científicos”. Mais os europeos seguen comendo peixe e para iso impórtase. Os españois non traballan e outros o traen de fóra.


Na agricultura española e galega aplícanse uns criterios de produción que encarecen o prezo e ao mesmo tempo permítense importar alimentos do exterior da UE sen os requisitos que lles impoñen aos españois e galegos. A consecuencia lóxica é que os nosos perden mercados polo prezo máis alto, e os de fóra gañan polo seu prezo máis barato. Outra cousa imposta pola UE e a Comisión Europea.


ENDESA enterra dous dos seus grupos de planta, xeradores de electricidade por carbón. Hoxe os alemáns seguen coas súas térmicas, e na UE constrúense máis, en Polonia sobre 20. Francia segue coa atómica. Máis en España péchanse as térmicas e as atómicas por argumentos “científicos” que impón a UE.


O Global Carbon Project financiado pola ONU publicou un informe a finais do 2019, onde se indica a orde de países de emisións CO2: primeiro China emitiu 9.838 millóns de toneladas, EUA 5.270, India 2.467, Rusia 1.639, Xapón 1.205, de sexto mundial Alemaña con 799, e Canadá 573. Pois ben, no que respecta a Alemaña, o 29 de agosto deste ano, a Central de carbón Heyden 4 volve funcionar así como outras decenas máis. E que din os de Greenpeace?: que é un paso «amargo pero inevitable». Tócache os narices! Alemaña fai o que lle sae dos collóns! Y é “inevitable” din os badanas de Greenpeace!


En España impleméntanse políticas en pesca, agricultura, gandería e enerxía que nos fan retroceder ao século XIX. No pasado pechouse a industria “reconversión industrial”, eliminar a gandería e leite, pesca. O INI é agora propiedade dos mafiosos oligarcas europeos, etc. E a UE impoñen máis medidas…..


A comisión europea, os homes de negro chamábannos PIGS, porcos, despois de facer sumisamente o que eles nos impuxeron desde 1986. O mais cachondo e burlón, era o presidente do Eurogrupo Jeroen Dijsselbloem, un socialista holandés, (socialista para os holandeses, non para os españois, o que toda a vida foi un nacional-socialista), que hai 5 anos, marzo de 2017, asegurou o moi guasón que os países do sur non poden gastarse o diñeiro en «licor e mulleres” e “despois pedir axuda”.

(http://www.eleconomista.es/economia/noticias/8237103/03/17/Economia-Dijsselbloem-se-niega-a-disculparse-por-decir-que-los-paises-del-Sur-gastan-el-dinero-en-alcohol-y-mujeres.html).

Máis teñan todas e todos precaución coa bacteria Treponema Pallidum ou “enfermidade española”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos