Desde o ano 1941 os EUA deciden sobre o destino dos pobos da Europa Occidental, os sometidos á súa hexemonía. España é un protectorado de Bruselas e de EUA. ¿De onde arrinca ese espírito de dominio, de supremacía de EUA, que lles leva a impoñer a súa visión do mundo a pobos que onte eran os máximos representantes da cultura occidental?.
Tras a vitoria dos EUA na segunda guerra mundial, a plutocracia de Wall Stret ocupou un papel hexemónico no mundo occidental. A súa vitoria supuxo a desaparición dos imperios europeos, o seu verdadeiro obxectivo, Tamen supuso o asentamento do imperio ruso (soviético) no resto da humanidade. Posteriormente, o triunfo de Mao en China introduciu outro actor na escena mundial.
O desmaio da URSS lonxe de significar a hexemonía mundial de ÚSA os conlevo tamén o inicio da decadencia do poderío norteamericano, e agora tanto China como Rusia están a ocupar posicións relevantes, sobre todo a Republica Popular China. Todo indica que China en breve será a gran potencia hexemónica. Autores como Jorge Verstrynge consideran que EUA está en decadencia. Así, «China ou India están a empezar a superar a ÚSA no terreo económico, e pronto o poderán facer no político e moral, xa que a única resposta por parte do homo americanus é a guerra, a agresión e a ameaza sistemáticas a quen se opón ao seu «liderado moral» que máis ben é moral» . No presente estudo imos expoñer a doutrina que xerou e concibe o expansionismo estadounidense, a doutrina do «Destino Manifesto», desde unha pluralidade de visións.
O Destino Manifesto é unha filosofía, ou teoloxía nacionalista norteamericana, que explica a maneira en que este país entende o seu lugar no mundo e relaciónase con outros pobos. É unha xustificación superestructural do expansionismo norteamericano, así como a Doutrina Monroe. Ao longo da historia estadounidense, desde as trece colonias ata os nosos días, o Destino Manifesto manten a convicción de que Deus elixiu os Estados Unidos e os homes evanxelicos e blancos, para ser unha potencia política e económica, unha nación superior.
A expresión «Destino Manifesto», que deu lugar á filosofía nacional dos EUA, xurdiu por primeira vez nun artigo que escribiu o xornalista John L. Ou`Sullivan en 1845, na revista Democratic Review de Nova York. No artigo, Ou`Sullivan expoñía a argumentación da ineludible expansión territorial dos Estados Unidos e apoiaba a anexión de Texas: «o cumprimento do noso destino manifesto é estendernos por todo o continente que nos foi asignado pola Providencia para o desenvolvemento do gran experimento de liberdade e autogoberno. É un dereito como o que ten unha árbore de obter o aire e a terra necesarios para o desenvolvemento pleno das súas capacidades e o crecemento que ten como destino».
A doutrina vulgarizou a convicción de que Deus elixiu o pobo protestante, puritano estadounidense para conquistar novas terras, así como a expansión territorial a través da guerra, como en 1846-48, conflito bélico que concluíu coa ocupación de máis da metade de territorio soberano mexicano. As consecuencias desa filosofía nacional norteamericana son a intolerancia cara ás formas de organización social, relixiosa e política doutros pobos e razas, exterminio dos indios de América do Norte, guerras inxustas e discriminación (Leis raciais, onde a raza anglosaxoa, ou caucásica, é a superior, e as demais inferiores), cuxa manifestación foron as leis dos demócratas e da democracia americana Jim Crow en vigor ata a década de 1970.
Reflicte o pensamento do expansionismo e imperialismo norteamericano, aínda que llo negan aos demais pobos, chegando a atacar e imponer a independencia a territorios que non a querían, como aconteceu na guerra Hispano-norteamericana, pola que as provincias españolas de Cuba ou Porto Rico convertéronse en colonias de EUA (ese era o verdadeiro obxectico, claro está, o demais, propaganda).
Así mesmo en 1893 a raíña Lili` Uokalani de Hawai foi destronada por unha conspiración organizada e financiada por EUA, unha «primavera», «revolución democrática», como tantas realizadas recentemente. Posteriormente estableceuse un goberno provisional ata que o Congreso de Estados Unidos declarou a anexión das illas hawaianas o 7 de xullo de 1898. En 1900 declaróuselle territorio de Estados Unidos. E non foi ata agosto de 1959 cando Hawai foi oficialmente recoñecido como un estado máis da Unión. E todo iso no período que vai desde os 14 puntos do presidente Wilson (1918), co apoio á «autodeterminación dos pobos» ata o proceso de «descolonización»…Eles dividen e balcanizan os demais, e anexionan o que queren…. Ante Hawai, hoxe as primaveiras de cores, árabes, Siria, etc, etc,.
É moi interesante o papel que a CIA tivo na dictadura de Franco, en favorecer os nacionalismos anticomunistas de España, (o galego, vasco, e catalán, mais tamen o valenciano, etc), financiando a esa oposición, así como editoriales, libros, propaganda, seminarios, becas para estudiar, e así crear os cuadros dirixentes e o discursos actual do nacionalismo. Relato ou discurso que se escoita a cotio. Todo elo foi elaborado pola CIA. A propia CIA recoñeceu nos anos 60 na prensa internacional o seu papel nesa batalla cultural anticomunista. (Vid Iván Vélez. Nuestro hombre en la CIA). E a día de hoxe tamen deciden, sendo España un protectorado de Bruselas e de EUA.
Tras o fin da Guerra fría, EUA «ao principio, preocupábase por convencer aos demais do seu recto proceder. Se quería intervir militarmente nalgún lugar que non fose América Central, esforzábase en crear coalicións defendibles; cando as Nacións Unidas torcían o xesto, recorría á OTAN, como sucedeu coa guerra de Kósovo, ou a forzas significativas da zona, como sucedeu na primeira guerra de Iraq» . E así sucesivamente ata a guerra de Siria, onde «as afirmacións estadounidenses sobre «derrotar ao terrorismo» son un encubrimento absurdo do seu obxectivo de promover un cambio de réxime (e de paso, roubar todo o que atopen, como o petróleo sirio) un obxectivo que implicou a Washington armando de forma encuberta a todo tipio de banda terrorista, a cada cal, máis sanguinaria e criminal» ; en definitiva, sempre buscando lexitimacións na defensa dos seus propios intereses.
A doutrina é en esencia relixiosa, xurdida do puritanismo, unha das ramas do protestantismo. E aquí xa nace unha das súas principais quebras: O non recoñecer a tradición protestante ningunha autoridade relixiosa centralizadora, «ten un efecto secundario calamitoso: ao non existir esa intolerable autoridade centralizadora, ningún progreso queda establecido de forma irreversible», e «tras cada paso adiante vén un paso atrás, ata tal punto que xa non se sabe que é atrás nin que é adiante. A porta queda sempre aberta a todas as escaladas, a todas as virulencias e a todos os retrocesos» .
Parte do convencemento de que o Novo Mundo era a «Terra Prometida», onde os puritanos anglosaxons, cumprirían a misión confiada por Deus. Coa independencia de Estados Unidos os colonizadores secularizarán a doutrina, que é o actual «Destino Manifesto» sendo a xustificación do seu imperialismo: os norteamericanos deben civilizar, é decir, democratizar, autodeterminar, liberar, a todas as razas e nacións, e de oponerse a esa programación, serán destruídas por ser O MAL.
Coas doutrinas de Darwin aplicadas ao home, considera que o expansionismo é algo biológicamente vital, frontes aos pobos atrasados, incultos, pobres ou racialmente inferiores. E tamén se apropia da Lei de gravitación de Newton, «lei de gravitación política», onde as grandes nacións atraen ás pequenas nacións.
Deste ideal norteamericano, de ser o «pobo elixido» ten como consecuencia que os políticos estadounidenses invocan o favor de Deus nos seus discursos, a súa «misión transcendente», a súa superioridade moral (porque son o «pobo elixido»). Este postulado xustifícalles dominar a outros pobos, que non son «elixidos de Deus», ou son directamente o EIXO DO MAL; en definitiva expoñen o seu imperialismo como, ou ben, unha cruzada moral, xa sexa para defender ao «débil», como na guerra contra España para xustificar a súa colonización de Porto Rico, Cuba e Filipinas.
Tamén usan o argumento do «progreso»: John F. Kennedy falaba dunha «Alianza polo progreso» en América Latina en 1961, e posteriormente poñen en funcionamento a «Operación Condor», e á vista están os resultados deses anos con dictaduras en todolos países. Agora tamen defende a volta o indixinismo, ( outro «progreso») para atomizar esas terras mais ainda, sendo o final republicas esclavas. Todas esas campañas usando a estúpida lenda negra (outro «progreso»), esta orquestada para ese fin, o «progreso»: Multiplicacion de republicas en America, para que así sean mais débiles e fáciles de explotar…. sempre para «Loitar contra o Mal, defender a liberdade e seguridade do mundo», o «progreso» (a defensa dos seus intereses económicos e militares), como expresaban perfectamente o Bush pai, o fillo e Obama en relación ás guerras nos países árabes. En España tamen se impon a idea de «progreso» yanqui. Tódolos días o vemos polos medios de comunicación do «progreso» (capital americano), como imponen a sua programación para España no ámbito sexual-reproductivo, eléctrico-perdida de competividade, Desindustrialización, programación inmigración (para nos, non para eles), drogas, estilo de vida, poder da banca e partidocracia o servicio dos bancos……………………………
Esas invencións, ou reinvenciones teñen a mesma raíz, a convicción da súa singularidade e providencialismo, para así xustificar o seu imperialismo e dominio. Así, da Doutrina Monroe, «América para os americanos», (en definitiva, para os anglosaxóns europeos), que tiña como fin a expansión dos EUA no continente americano, pasaron a que todo o mundo debe ser americanizado , («civilizar», ou «democratizar», «liberar», «autodeterminar», o «progreso»), e o que se resista, o «progreso», será destruido, agora que non hai comunistas, por «fascistas», que tampouco hai, pmais se inventan….. A imposición dos norteamericanos adoita contar co apoio das elites locais. O noso presente é o decidido polos yanquis fai moitas décadas. O «Destino Manifesto». A sua programación.
ALVARO RODRIGUEZ NUÑEZ.