9.7 C
Santa Comba
sábado, abril 1, 2023

Qué ocorre?

O 1 de xuño de 2021 o concello de Villagarcia ditaba unha resolución no asunto do proceso de selección de 6 prazas de auxiliar administrativo que a citada administración vai realizar. Na resolución indícanse por orde alfabética as persoas que se inscribiron no proceso e cales son admitidas e cales non, dándolle un prazo de 10 días para emendar os erros. Os rexistrados para o proceso de selección das 6 prazas de auxiliar administrativo son 1.170 persoas. Non é unha errata… non leron mal… Presentáronse un total de 1.170 persoas.
A situación de paro en xeral, e xuvenil en concreto, é terrible. ¿ Como se chegou esta situación?. ¿Cómo é posible que ante esta realidade as autoridades políticas non adopten medidas estratexias para solucionar esta situación?. E tendo tanto paro e precariedade laboral ¿Por qué o goberno no seu Plan 2050, continuación da axenda 2030, infórmanos que van traer cada ano 250.000 traballadores foráneos?.
É certo que a pertenza á Unión Europea priva ao Estado de soberanía. Sen soberanía económica (moeda propia), e estar ao ditado do Banco Central Europeo convértenos en súbditos, nun protectorado.
Non deixa de ser curioso que os políticos españois se empecinen en seguir a axenda económica de Bruxelas sen realizar obxeccións, e sexan defensores de decisións que conducen ao subdesarrollo. Exemplo, o peche das centrais térmicas e nucleares, cando Alemaña está a construír mais centrais térmicas, e en Francia é maioritaria a electricidade atómica. E, como non, hoxe entra en vigor a nova factura da Luz, que conleva un encarecemento extraordinario do servizo esencial para as familias.
A outrora banca pública galega, agora en mans de capitalistas venezolanos, «facendo as Américas». Pescanova en mans dos mesmos americanos. Estaleiros pechados, a pesca cada día con máis restricións. 200.000 galegos abandonaron nos últimos 10 anos Galicia. E todo iso na administración do «bo xestor», e co goberno máis «progresista da historia de España».
«Escravo é aquel que espera por alguén que veña e libéreo», lembrábanos o poeta Ezra Pound.
Álvaro Rodríguez Núñez.
Avogado e doutor en Ciencia Política.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos