14.2 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Carta aberta a Iago Toba: ¿De verdade quere unha moción de censura?

¿De verdade quere unha moción de censura?

Calquera alcalde que se honre de chamarse así trataría de evitar ese termo como se fose o peor dos pesadelos, sen embargo, vostede pídea, «a berros» porque para vostede sería unha saída fácil

Sería moito máis fácil victimizarse, como soe facer de xeito habitual a través das súas redes sociais, sería moito máis sinxelo tentar manipular á «veciñanza», unha vez máis contando que o mundo está contra vostede, que facer aquelo para o que o elexiron, GOBERNAR!

E sería moito fácil Sr. Toba porque cando un non ten nada que aportar, cando na súa xestión un non ten nada do que presumir ten que adoptar estratexias desde tipo, para tapar as súas carencias, para tratar de ocultar que ten un descoñecemento absoluto de cómo funciona a administración local, de que non sabe cales son as verdadeiras necesidades deste noso concello porque o territorio que se supón que ten que gobernar é descoñecido para vostede.

Cando un non sabe facer aquelo para o que o elexiron pero non ten a humildade para recoñecelo, para pedir axuda, para escoitar ós demáis, chegamos a situacións como a que estamos vivindo en Muxía. Cando un, a pesar de que non gaña, dende a miña humilde opinión nin un euro do soldo que pagamos todos, pensa só en clave electoral porque o que pretende é seguir despois destes 4, outros 4 anos máis sentado nesa silla e cobrando ese soldo, ten que adoptar estas malas estratexias políticas sen importarlle en absoluto o dano que está a facer ós seus veciños e ó seu concello.

Porque se vostede verdadeiramente soubese o que é gobernar, sabería que falar ca oposición e tentar convencela de que o seu proxecto é válido, forma parte dese traballo que lle encomendaron os muxiáns. Se vostede realmente quixese a Muxía e fixese as cousas cunha verdadeira vontade política, tentaría que eses proxectos que vostede di, son imprescindibles para Muxía, saisen adiante e falaría coa oposición para que eso fose así e, sen embargo, vostede non só non toma a iniciativa para facelo senon que rechaza de xeito reiterado todas e cada unha das propostas de diálogo que lle levamos ofrecendo dende que vostede goberna en minoría.

E,¿ porqué o fai? Porque non lle importa si esas medidas saen ou non, é máis incluso lle gusta que non o fagan porque o que lle importa é, adopte a decisión que adopte a oposición, seguir manipulando e mentindo para ver si pode seguir vostede cobrando 4 anos máis.

Se verdadeiramente quixese e creese en Muxía non lle faría o que lle está a facer que é enfrentala e dividila só para que vostede poda manterse no sillón. Xogando como xoga con cuestións tan sensibles como a escola infantil ou tan sagradas para nós como o mismísimo Santuario da Nosa Señora da Barca sobre o que tamén tivo os poucos escrúpulos de usar para tentar sacar un rédito político.

E outro exemplo claro desa manipulación é pedir que seamos valentes e fagamos unha moción de censura que, sabe vostede, que legalmente é prácticamente imposible de realizar.E ségueo decindo cando acabamos de ver que en Ponteceso foi rexeitada pola secretaría porque deso é do que vive vostede, ¡da manipulación! Créame, se legalmente non houbese dudas acerca da viabilidade desa moción de censura, vostede, Sr. Toba, seguramente xa non sería alcalde deste concello porque eu trataría, xunto co meu grupo, de facer todo o posible para que non gobernase Muxía NIN UN SÓ DÍA MÁIS, porque valentía sóbranos a quenes estamos en política porque realmente temos valores, ideas e crenzas e ós que sí queremos a Muxía e non estamos dispostos a facer calquera cousa por conseguir un voto, nós non teñamos as entrañas de enganar ós nosos veciños.

Desgraciadamente, a legalidade fai que teña vostede que ser alcalde 2 anos máis e dende o PP de Muxía, pedimos, imploramos, unha vez máis que sexa vostede responsable e que se, realmente, lle quere algo ó seu pobo, deixe de facerlle todo o dano que lle está a facer á súa sociedade e comence a gobernar.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos