15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

A mesma manobra

A prensa escrita informou que ABANCA gañou no 2020 433 millóns, dos cales 273 dedicounos a reservas. <> lembraba un dos dirixentes de ABANCA. A outrora banca pública, agora en mans de capital internacional, vende a súa existencia e usura como un éxito empresarial. É un exemplo da realidade plutocrática do réxime de España. O sector Publíco está pasando a mans do gran capital internacional.

Hai uns anos foi o grupo público INI: SEAT, CELULOSAS, IBERIA, TELEFONICA , SIDERUGICAS, ELECTRICAS, ARMAMENTOS, CAMPSA, etc.

Despois chegou a privatización parcial doutros sectores como a sanidade. Todo iso, dentro da política de eliminación da industria de España, hai 40 anos, 10ª potencia mundial industrial. A UE, antes CEE eliminou a agricultura, os estaleiros e a pesca, e obrigou a eliminar a industria.

ABANCA é un exemplo de como o gran capital manexa á clase política. A daniña partitocracia está ao servizo do gran capital internacional. Así de triste e perigoso. Aos poucos, década tras década desde a implantación desta » DEMOSGRACIAS» todo o público e rendible pasa a ser privado e igualmente rendible. Aínda que provocan antes unha pequena xustificación para vender ou regalar o publíco. E pasado o día, xa anuncian os beneficios. ¿Por qué a banca pública galega non podía seguir sendo publica?. A resposta é fácil: o plan era o plan, e executárono á perfección.

Este repaso pola triste historia económica e do publíco é para lembrar que a manobra é sempre a mesma. Indícase que un sector non é rendible, para xustificar o seu pase á privada e a mans do gran capital internacional. E aos poucos días, xa volve ser un negocio rendible. Pero xa non é publico, senón do gran capital internacional.

Pois ben, recentemente, e repítese machaconamente, todas as semanas, en todos os diarios, revistas, televisións e demais medios de propaganda, que a UE, esixe reformas ao sistema de pensións…e que o preparen xa… Nun medio de comunicación indicábase que: «O representante da Comisión en España, Francisco Fonseca, sostivo a semana pasada que a institución lle pediu ao Goberno español que, polo menos, fixase un calendario para as dúas reformas máis conflitivas: a das pensións e a laboral». E insisten cada semana na mesma necesidade. Non sexamos inxenuos…branco e en botella…

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos