13.5 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Grazas Paulino Castiñeira Castro

A Paulino Castiñeira Castro contacteino fai anos para unhas crónicas que estaba facendo para a Agencia EFE, sobre unha das iniciativas da Sociedade Filatélica de Corcubión. A través da liña telefónica escoitei a un home entusiasta e servicial.

Décadas despois volvemos a encontrarnos a través das redes. Paulino lembroume a importancia histórica de Corcubión e a relevante traxectoria de varios dos seus fillos. Pedía difundir as historias da vila de San Marcos e ofrecía algún consello. A través das redes sociais recibín palabras dun home comprometido coa terra e interesado pola difusión do coñecemento.

E acabou colaborando con varios artigos seus en Adiante Galicia.»Aquellas verbenas» ou «Lugar, O Son, despensa da vila» foron artigos que quixo que se publicaran no noso xornal.

Son só un simple exemplo de todo o material que nos deixou. No seu blogue contou unha morea de cousas. Falounos da Orquesta La Palma, de Ramón Pais Romero, Ramón Caamaño, e de distintos episodios históricos. Tamén é autor de dous libros.

Entereime que emprendeu unha viaxe. Que nos deixou. E non quería deixar pasar a oportunidade de volver a darlle as grazas polo seu espíritu colaborativo e a súa vocación divulgadora. Grazas Paulino!

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos