10.8 C
Santa Comba
sábado, abril 1, 2023

Auri: aquelas cancións seguen soando

Aínda que nunca me deu clase, sabía Auri Guerrero, da miña temperá e case obsesiva paixón polas letras.

Aquelas primeiras composicións en EXB dedicadas a temas tan irrelevantes para a sociedade como as píntegas ou os sentimentos persoais. Pero para min era o comezo dunha viaxe iniciática polo mundo da poesía; azuzado, tamén é certo, polas ducias de libros que traía, continuamente, o meu irmán para casa.

E no Día Mundial da Poesía souben do seu falecemento. E desde ese momento, unha lembranza planeou pola miña mente.Daquela xa empezaba a consumir rock and roll. E un bo día Auri achegóuseme e faloume de poesías e ensinoume unhas marabillosas cintas de cassette, onde uns homes cantaban algúns dos poemas que eu lía. E no idioma da nosa terra.

Unha daquelas gravacións traía tres composicións que sempre estarán entre as miñas favoritas. «Aí ven o maio», «A Rosalía» e » Quen poidera namorala». Dous poemas de Curros Enríquez e un de Álvaro Cunqueiro, interpretados maxistralmente por Luís Emilio Batallán.

Un recordo sempre vivo e un agradecemento eterno para aquela profesora que me prestou un facho luminoso de versos e cancións que sempre me acompañan. E que me animou a seguir escribindo.Grazas Auri.

P.D.)Desde aquí aproveitar para trasladar as miñas condolencias a familia de Auri Guerrero Pérez.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos