Podemos, Anova, Mareas dalgúns pobos e Esquerda Unida pecharon unha candidatura conxunta despois de criticarse ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación. Con este feito compróbase que a esquerda rupturista é un mito. Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.
As declaracións de Villares e o espectáculo do últimos catro anos no parlamento galego, plasman que os intereses e ambicións persoais, unen máis que as supostas ideoloxías que predican, se é que existen tales pensamentos. Desde as últimas eleccións á Xunta, case todo foron pugnas persoais e combates de poder. O debate, análise de ideas e proxectos non se viu por ningunha parte, para xúbilo do goberno do PP.
Todo as pugnas liquidáronse o venres 21 de febreiro, acordando unha repartición de postos nas candidaturas, encaixando quen sae deputado e quen non, atendendo ás enquisas moi minguadas tras os 4 anos estériles de oposición. É obvio que só lles une as expectativas de ocupar cargos e repartirse as prebendas. Así, confórmase unha coalición entre os mesmos que hai un ano dicían que traizoaran a Galicia, que non se apoiaron nas confrontacións electorais, e polos que están a dar un espectáculo de nepotismo máis ben propio da época feudal.
A ilusión que crearon nun sector electoral de alternativa política se difuminou, e 4 anos despois eses electores, coa experiencia da realidade, optaran por forzas políticas, con todos os seus defectos, pero de fiar.