13.7 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Parte de Laxe desaparecerá baixo o mar

Recentemente GCiencia, El País, La Voz de Galicia, Praza.gal e outros moitos medios de comunicación, nacionais e internacionais, recollen, en datas recentes, a nova información actualizada por Climate Central confirmando os pronósticos para as próximas décadas debido ao aumento do nivel do mar. 300 millóns de persoas veranse afectadas ou desplazadas por este fenómeno.

Moi curioso o caso das <> da rúa Isidro Parga Pondal de Laxe (entre o campo do escaravello e a gasolineira) , dunas e monte dunar, que, a día de hoxe, retiran paleadoras e maquinaria da empresa Cavisa para unha restauración ambiental legal e xustificada municipalmente, e , curioso, moi curioso refírome a que dita restauración ambiental coincide casualmente coa modificación do chan urbanizable resolto o 7 de xuño de 2018 que vai a permitir que este amplio terreo dunar sexa urbanizado.

Curioso que, en dita resolución municipal, é PLATERGA ( Plan de Protección Civil de Galicia) a que sentencia que non existe risco natural ou ambiental nesta zona, sen risco, sen risco por ser un territorio cunha poboación non moi elevada e sen riscos por inundacións ou calqueroutro suceso natural. Xusto unha zona de particular interese pois nestas novas informacións sobre a subida do nivel do mar apatecen como zona de moi alto risco de anegamento mariño de forma paulatina …..ou súbita.

Moi a ter en conta xa que a poucos metros está un colexio público, o campo de fútbol e o pavillón , polo que agardemos, xa que sucederá si ou si, a que se anegue a altas horas da noite. Planificación urbanística atlante que non ten en conta todas estas novas sobre o futuro a corto prazo da costa galega. Que alguén faga algo axiña para evitar esta catástrofe anunciada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos