Cando algún aldeán ou «villano» espeta esa máxica coletilla de <
Nin casas, nin xente, nin pistas, nin pontes, nin igrexas. Os apelidos que aparecian recollidos nos documentos posteriores moi ben inventariados no gran libro de Rafael Lema, Naufraxios da Costa da Morte, asómbrame dicirvos que ditos apelidos xa non figuran na heráldica local. Efectivamente …..as crisis e guerras e sucesos daqueles tempos forzaron a unha migración sen retorno, coma tantas veces, a xente destes territorios. Somos de ningunha parte e de todas, non somos de ningunha raza e polas nosas veas estan todas recollidas, como dicía nun poema o benquerido Luis Chapela.
A Costa foi colonizada xusto no apoxeo da revolución industrial, tempo despois do falecemento do bardo pontecesán, precisamente colonizada por man de obra do agro, principalmente, que agora estrenan casas novas e pisos novos e novos traballos e novas vilas. E nesas vilas algúns deciden falar castelán para parecer mais altos e mais guapos e ata repudian o foraneo, polo feito de ser foraneo, ou ao veciño da parroquia ou do Concello lindante, porque el non é de aqui. Manda carallo. Qué é de aqui ???? As recentes probas de ADN sobre a poboación na Península confirman que a sangue galega é a mais africana de todas. Nós …..que loitamos con Anibal contra Roma e nós …..que nos establecemos aqui cando os nosos irmàns marcharon de Al-Andalus. Nós, cos nosos apelidos arabes e as nosas faces escuras e a nosa pel morena e a nosa nova fala con palabras arabes, saia, ogallá, …., regueifa, etc. Asi é , asi é amigos.
Eso de intentar menospreciar a opinión de calquera persoa por non ser de Laxe ou de Ponteceso ou de Coens, é un xeito moi cómodo de atacar unha opinión que non compartes. O insulto, a calumnia, a manada que amosa unida e forte o seu rexeitamento por todo o que non dixeran ou fixeran eles. A liberdade de opinión e a liberdade moral deben vencer.
E para vencer só podemos facer unha cousa….. utilizala. Falar sen medo, abertamente, romper para sempre eses conceptos neandertais que ainda resisten aqui ….nesta agreste soidade agora chea de casas e vilas de xente que se instalou fuxindo doutras miserias seguramente peores. Ter que calar e non poder opinar nunca ….eso si que ten que ser unha gran miseria. Apertas amigos, nada mais. Somos de todas partes.