1.3 C
Santa Comba
domingo, diciembre 4, 2022

Radio Xallas batendo no dial

Unha boa nova para a comarca do Xallas é saber que xa podemos escoitar de novo Radio Xallas, o altofalante dos xalleiros e xalleiras co programa estrela «A Encrucillada», dando voz a todas e todos sen censura (cousa rara nestes tempos que corren).

A nosa radio local é tamén unha fiestra aberta á nosa actualidade local e que máis dunha vez se lembrou de nós os emigrantes, importante recalcar que unha boa parte do noso pobo por desgraza xa nace cunha maleta na man.

Teño que dicir que para min foi un orgullo ser entrevistado por Xosé Manuel Lema, na miña terra, no meu lar. Ese día estaba moi emocionado, xa que despois de pasar en varios medios de comunicación; galegos estatais e helvéticos faltábame a nosa radio comarcal. Gostei de informar dos dereitos e obrigas laborais e sociais en Suiza e das nosas loitas sindicais por mellorar as condicións de traballo e tamén no aspecto social da nosa xente que tivo que deixar a súa familia, as súas terras, a súa xente e encamiñarse cara a Confederación Helvética, como fixeron entre outros meus pais e coma moitos fillos de emigrantes quedei o coidado de meus avós.

No meu caso nunha aldea chamada Grixoa de Esternande e non quero esquecerme de nomear Boaña de Arriba, onde vivín un tempo ca miña familia materna. Lembrareime sempre dos pasos do Rubeiro (agora cheos de maleza) que cruzaba tentando non mollarme para ir visitar os meus familiares cando xa estaba vivindo en Grixoa da Mina. O Abelenda moito se enrolla, diredes e razón non vos falta pero a terriña tira e os recordos son moitos.

Pois adiante Radio Xallas batendo de novo no dial, contando as nosas historias e dando voz á nosa xente, cousa moi importante neste mundo globalizado e onde as redes sociais son as protagonistas deste mundo virtual.

Precisamos máis ca nunca de medios de comunicación que nos conten a nosa realidade e con extremo rigor. Dende terras Helvéticas, boa sorta e que a Radio Xallas sIga sendo a casa de todas e todos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
509SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos