A crise artificial que sufrimos trouxo mais pobreza e mais traxedia pero no eido da poesía galega causou algún efecto positivo. Detalle importante do que ninguén fala para que non se ocasionen mais feridos nesta cruel batalla silenciosa.
Almacéns xigantes ateigados con curtos poemarios luxosos en prosa poética, celga sete, con premio e publicación, amoreados, agardando polo furgón dunha empresa de reciclaxe ou directos o contedor do lixo. Esta crise trouxo recortes para ese mundillo dos profes e filólogos, militantes de A ou de B, que con algún amigote no xurado e algunha pista da autoria na propia obra, consiguen abultar o seu curriculum de poeta impostor presentandonos esa poesía de laboratorio con verso partido, prosa partida, prosa fracturada, prosa, con mil metáforas indescifrables, vocabulario en galego normativo e sen mensaxe nin poesía, é dicir, poesía sen poesía, poesía só para cobrar. Contactos e política, términos nada poéticos.
E con toda esa nova anomalía dos recortes parece que ese mundo escuro apagase por momentos. E de todo ese apagón xorde no eido dixital, especialmente, a poesía dos poetas de verdade. Unha é carniceira, o outro xubilado, un parado, outro é electricista, ama de casa, etc, etc, etc…. o pobo, si, do propio pobo xorden poetas sen premio amañado, sen contactos, cunha poesía entendible, con mensaxe, e coa saudable intención de falarlle directamente a xente de a pé, no abecedario de tódolos días. Falo dos poetas ceibes e da poesía pura e limpa coma auga de manantial. A poesía dos auténticos poetas de corazón. E todas esas voces xorden coma faros na costa para ser o propio berro seco da población. E xorden por algún motivo, precisamente agora, e fano para nunca mais calar.
Falta só, penso eu, que cando estes autores se xuntan en novos grupos colectivos, destes de recente creación, deberan rexeitar deles a eses impostores, con caché e carnet de militante, que, ademáis de facerse pasar por poetas, xa fai décadas que agreden a nosa Patria e a nosa lingüa coas súas artimañas propias da mafia. E agora que xa se queren achegar aos apestados, aos poetas de segunda, como din eles, pois eu deixariaos sen cadeira neste novo banquete da poesía galega ceibe, ceibe por fin.
As radios alternativas como radio Roncudo Corme 106.1 FM, radio Neria Corcubión 107.8 FM, Open Radio de Montse, ou esa do alén, coma radio San Boi, Galegos no Baix, Armando e Xulio, que fan radio galega de valer, en galego, dende o Baix Llobregat en Catalunya, son xa algúns dos medios de comunicación que lle dan oco a este exército de rapsodas imposible xa de calar. As redes sociais, os grupos de recente creación, como os Guitíricos da NPG, FAROS, etc, e outros medios dixitais que xa decidiron acoller a toda esta revolución popular, cultural e social da poesía de autor en galego comprensible. Falta moi pouco xa para que xornais en papel, prensa escrita, radios comerciais, televisións, etc, se vexan na obriga de acoller toda esta liorta cultural, e xa o fan nalgún casos. Só falta que a xente, as maiorías, conecten coa mensaxe que leva dentro este verso dos cisnes cantores pois os tempos son chegados e as vosas vaguedades cumprido fin terán.
Que pataleen os feridos e duros pois estes faros son xa un solo cantar.