12.6 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 6, 2024

En negro

Centos de rúas, institucións e lugares públicos enchéronse de carteis que claman unha equidade real e espazos libres de machismo. Vimianzo foi un dos concellos que se adheriu este ano, enchendo o instituto, os comercios e os espazos de frases e reflexións para facer pensar sobre esta lacra.

Ás veces pregúntome cantos deses lugares foron escenario dunha situación machista. De seguro que moitos. As situacións deste tipo repítense día si e día tamén en calquera estrato da sociedade e en calquera ámbito como a escola, o traballo ou mesmo no entorno persoal coa familia.
O machismo é un estigma que funciona como un parasito, é tan sutil e voluble que as veces chegamos a normalizalo con tranquilidade, asimilándoo e véndoo totalmente normal. Hai xente que incluso pensa que é un ente cultural pero en todas as culturas do mundo repítense os mesmos patróns, polo que non deixa de ser algo meramente educacional.

Por iso, é imprescindible que a solución emerxa das escolas, da educación sexual e, como non, de romper os roles posesivos que empezan dende ideas temperás. Deixarse de eufemismos e tratar o problema de raíz porque antes dun feminicidio hai centos de sinais que debemos identificar.

En España morreron 53 mulleres asasinadas polos seus conxugues ou parellas no ano 2016. Son máis de cincuenta vidas segadas e as de centos de familiares que perderon unha filla, unha nai, unha irmá…

O xesto dos concellos da Costa da Morte coa campaña «En Negro» e «Espazo Libre de Violencias Machistas» fomenta un cambio na sociedade, un cambio de valores integrais na nosa forma de relacionarnos.

Non é para menos, estes días saen titulares tan aberrantes coma o de 200 nenas de nove anos que, acomplexadas polo seu corpo, operaron a súa vaxina para entrar nos «canons establecidos».Situacións non tan extremas pero similares ocorren ao noso carón aínda que non as percibamos.

É preciso dicir as cousas claras, para o asasinato non hai xustificacións de ningún tipo, oxalá un día sexan innecesarias estas campañas.
Mentres, alzaremos a voz irreverentemente: Nin unha menos!

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos