14.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Ceas de empresa, tamén en galego

Chega o tempo das ceas de empresa como limiar das festas do nadal. As expectativas de negocio para os restaurantes seica van ser óptimas. Non é de estrañar porque celebraranse por milleiros. Nelas o ambiente de camaradería irá acompañado de bos pratos, viños e licores. É unha boa ocasión para que os encargados de organizalas poñan a proba o seu criterio e o sentido común na escolla dos menús.

Dicimos bo criterio porque as máis das veces, por non afirmar que sempre, non se repara na transcendencia que ten para a nosa economía o abultado gasto que se vai facer, se impera o sentido da responsabilidade coa economía do país.

Porque coa elección dos produtos podemos apoiar as nosas industrias de transformación agroalimentarias que sobreviven no rural con dificultades.

Porque ampliamos o número de consumidores e consumidoras nas grandes áreas metropolitanas para que as nosas explotacións agrícolas sexan rendibles e un medio de vida para as xentes do agro galego.

Porque dárllelas costas a familiares e amigos que manteñen con esforzo heróico as explotacións agrícolas é unha mostra de insolidariedade con esas xentes.

Porque Galicia necesita ter economía propia, de seu, para non sermos dependentes doutras, fixar poboación no agro e oportunidades de traballo nel.

A cohesión social de Galicia ten que forxarse cunha economía sólida, diversificada e cunha boa redistribución da riqueza, e un patrimonio cultural común. Con estes bimbios poderá ser posible crear unha Galicia próspera en todo o seu territorio e non só nunha parte dela . Ao contrario, abandonar o rural, é afondar nos desequilibrios territoriais que empobrecen e mancan a nosa identidade forxada pola historia.

As ceas de empresa son unha boa oportunidade para apoiar os produtos galegos, preferindo o seu consumo aos foráneos. As escollas do menús deben facerse pensando nas consecuencias, positivas ou negativas, que poden ter para o noso tecido produtivo.Velaí porque,en primeiro lugar, apelemos á sensibilidade daqueles que por razóns políticas ou sindicais,saben do que estamos a falar. Pero tamén, en segundo lugar, a todos os demais, para que se paren a pensar que Galicia precisa dunha economía propia.

Nas ceas de empresa, amigas e amigos, consumamos produtos galegos, e deles, aqueles que se identifican coa nosa cultura etiquetándose en lingua galega (viños, licores, lácteos, embutidos, conservas vexetais…). A economía e a lingua teñen que ir da man dos consumidores. Axudemos á galeguización da economía e ao mantemento de postos de traballo no rural.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos