10.5 C
Santa Comba
viernes, diciembre 8, 2023

Patriotismo de pacotilla

Nunca tanto se escoitou falar da constitución como nestes últimos días. Unha España corrompida, antes que rompida. No estado español temos un partido político que se di defensor da santa constitución e da legalidade, mais cando se trata de pagar a sede en B, de financiarse ilegalmente, non importa tanto a ilegalidade ou a falla de ética total.

Co tema de Cataluña, xa non importa se a precariedade laboral está en auxe, se emigramos coma nunca, se os postos novos de traballo son puntuais, se as pensións non están garantidas, o importante é a UNIDAD DE LAS ESPAÑAS.

Señor Rajoy, presidente do Partido Popular, un partido campión en caciquismo e tramas financeiras escuras, onde todo indica que recibiu sobresoldos dun xeito ilícito, con que cara pode pedir que se cumpra a lei e que se cumpra a constitución?

Noutros lares o Partido Popular sería ilegalizado polos casos graves de corrupción e Rajoy cesado de xeito fulminante. Os que nos gobernan son os de sempre, so mudaron o paxaro, seguen sen condenar as atrocidades franquistas e non lles importan ir da man da Falange ou de Democracia Nacional nas manifestacións; por certo na manifa de Valencia berrouse <>. Que esperan o PP, Ciudadanos ou o PSOE pra solicitar medidas contra este grupo de nazis que ameazan e que nos lembra os campos de concentración?

Que teñamos presos políticos no cárcere só por facilitar que o pobo se exprese democraticamente, por poñer unhas urnas e pola contra Urdangarín ceibe por Xenebra, despois de ser condenado e que a xustiza española nos casos de corrupción tan impresionantes que estamos a sofrer, non amose tanta celeridade nin tanta firmeza, nas condenas contra a corrupción. O pobo ten que ter a última palabra, a xustiza adáptase aos novos tempos, se a xente non loitara por mudar as cousas, non teriamos dereito ao divorcio, ao aborto, seguiriamos co dereito de pernada. O momento chegou, de mudar, o dereito a decidir, ten que ser unha realidade, que o pobo teña a posibilidade de lanzar iniciativas e referendos.
A que serve ese patriotismo de pacotilla, se ao fin de contas para Suíza os cartos levan, se só miran polos que están forrados, se cando deciden que emigrar é turismo. Que se pode esperar de esta xente!

Que podemos esperar dun Rajoy que non domina ningunha lingua estranxeira e se avergoña de falar galego, do home <> da xestión desatrosa do Prestige. Por certo, o exiliado Puigdemont fala cinco idiomas, claro, pero os independentistas non cren que todo xira ao redor de Madrid e que co español se vai a todos os lados, nin cren no colonialismo, iso chámase abertura de mente.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos