As veces a pouca información das persoas que viven nos pobos de Europa termina por permitir que entren na cadea xente (Consellers Cataláns) que se adican, en teoría, a mellorar as nosas vidas a través do exercicio da política, e cando falo do pouco saber, falo da curta cultura e formación que temos os españois despois de corenta anos de traxetoria democrática acaida despois do último réxime.
Pouca información porque o estado centralista de Madrid sabía que tiña a lei ó seu carón e nisto concordo co presidente español que a única saida que lle quedaba era aplicar a constitución vixente neste intre a través do artigo 155 e que con esa medida xa se podería xudicializar o que a falta de diálogo non deu arranxado. Estoume a referir á reconfiguración do panorama estatal.
Hai que ser claros e honestos con todo isto. O problema son as loitas de clases e do poder surxidas da partitocracia. Por un lado, temos os que ostentan o poder amañado despois da morte de Franco , que agora se fan chamar «ós constitucionalistas» e por outra banda temos os que empurran para entrar nas institucións co obxeto de crear o que denominarían » os novos constitucionalistas», o mesmo que antes pero con novos actores formados nas academias infantís da soberanía do estado actual.
Baixo o meu punto de vista, quen ten toda a responsabilidade do que está a acontecer nestes momentos somos todos e cada un de nós, os eleitores que co noso voto aprobamos convocatoria tras convocatoria o sistema establecido polos poderes fácticos e económicos que nos levan á destrución do sistema actual e camiñando non se sabe ben cara que horizonte. Isto non tería máis importancia se a xente tivera boa calidade de vida, sin recortes fundamentais e sin que aparecese o fantasma da corrupción política nos altos estamentos do país.
Na última oportunidade que tiven de conversar con representantes do Parlamento Europeo, nunha viaxe a Bruxelas, pareceume moi interesante o que alí se falaba. Dicíase que a UE non sabía como tratar ben os procesos como o catalán porque sinxelamente eran situacións que saían da vontade das persoas que pedían diálogo e novos sistemas de configuración política mais achegada ós cidadáns con mais autogoberno cercano á xente e que poidese estar abanderado por unha grande institución europea. Dicíase tamén que a UE tal e como está non sería sostible, senon que tería que ser a Europa dos pobos e da xente, e non dos estados. Co cal concordo plenamente.
No caso da xustiza, son consciente de que acatala e respetala é obrigatorio e fundamental para un estado de dereito. Agora ben, as leis pódense mudar coa vontade do pobo e para iso é preciso escoitar á xente. É probabel que os representantes cataláns que esixen máis autogoberno, ó igual que eu o quero para Galicia, se metesen nun terreo esbarrado. Neste contexto, non queda outra saída que non sexa o diálogo e para logralo non quedará mais que contarlle ós eleitores toda a verdade con sinceridade e humildade, caiga quen caiga.