8.9 C
Santa Comba
viernes, diciembre 1, 2023

Mulleres e rural

Capital, terra e traballo. Eses son os tres piares fundamentais para levar a cabo calquera actividade económica. Sen embargo no factor do traballo non se valorou sempre indistintamente a labor do home e máis da muller. As amas de casa do século pasado, as nosas ascendentes, eran as que levaban aquelas pesadas leiteiras durante quilómetros para a súa venda. Eran esas mesmas mulleres as que ían ás feiras vender ovos, un ben tan prezado por aquel entón.

E logo, a Historia, ese desvirtuamento ás veces da realidade, teima en concibir ao home como o sustentador das economías familiares. Pode que ás mulleres non traballasen fóra pero o que é un feito é a súa repercusión na economía do tempo, ás veces un dato relegado a esquecer.
A día de hoxe, as mulleres que traballan no sector agrario continúan colaborando nas rendas das súas casas e fomentando o traballo da terra. Temos así mesmo unha clara profesionalización , ver unha muller tractorista xa non constitúe un feito insólito.

Avanzaron moito os seus dereitos mais aínda queda un longo treito por percorrer. O día en que a igualdade legal se equipare coa real será un paso xigante non só para elas, tamén para o feminismo en xeral.

A Unesco recoñeceu no 2008 tódolos 15 de outubro como Día Internacional das Mulleres no Rural, unha data para recoñecer a figura feminina na agricultura e na gandaría e seguir denunciando as aínda usuais discriminacións por sexo.

Hoxe, nun día marcado por actualidades que ás veces desvían a atención doutros eidos, cómpre celebrar e loar o papel de xeracións de avoas, nais e fillas que queren vivir do agro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos