5 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

Miguel Ángel, un ourensán precursor da galeguización

A Deputación de Ourense concedeulle o premio Ourensanía a Miguel Ángel González «por ter sido,se cadra, o deportista ourensán que máis altas cotas de recoñecemento acadou no ámbito internacional que nunca esqueceu as súas raíces, que aínda hoxe reivindica dentro e fóra de Ourense». Tales foron os méritos que o xurado considerou para tal distinción institucional.
Por volta dos anos oitenta, servidor era funcionario do Concello de Redondela e xefe do seu servizo de normalización lingüística en tempos de moitas ilusións e propostas imaxinativas para espertar na cidadanía o orgullo da galeguidade e a defensa dos seus valores patrimoniais. Foi así como deseñei unha campaña publicitaria sen precedentes na historia de Galicia cun enfoque atractivo, e valéndome de personaxes daquela con grande proxección pública en cadanseu ámbito.
O rubro da campaña -«Sinte Galicia, fala o teu idioma»- campou en grandes cartaces deseñados por Manolo Janeiro e Paco Mantecón que entón eran parella na arte do deseño, dos que se editarían cinco mil exemplares.Despois de darlle moitas voltas á nómina de persoas para aquela ambiciosa campaña publicitaria decidín escoller trece que eran moi familiares para o común da xente. Púxenme en contacto con todos eles para pedirllela colaboración que consistía nunha frase a prol da lingua galega coa súa sinatura caligráfica.
O actor Fernando Rey elixíu esta: «Porque o galego sexa a lingua propia de Galicia».Camilo J.Cela:»Usa o galego, demostra que estás orgulloso da túa lingua». A muller do tempo nos telexornais de TVE, Pilar Sanjurjo: «Desenrolemonos sobre as nosas raíces.Falemos a nosa lingua». Monseñor Araúxo, Bispo de Mondoñedo-Ferrol: «A Deus tamén lle gusta que lle falen galego».O director xeral da CRTVE, Xosé María Calviño: «A tua lingua vale non só para andar pola casa; usa o galego para todo».
A actriz Rosalía Dans,protagonista da serie televisiva «Los gozos y las sombras»,dicía » A lingua é o vehículo máis importante que traduce a cultura dun pobo». O cronista deportivo e cantante en galego,Pepe Domingo Castaño: «O galego é a lingua dos galegos. De ti e de min». Fernando Romay, xogador de baloncesto: «O pobo que recobra a súa lingua, recóbrase asi mesmo». Luís Mariñas, presentador dos telexornais de TVE: «O futuro da lingua está intimamente vencellada ao futuro do pobo que a fala». O pontareano Álvaro Pino, gañador da Volta ciclista a España: «Se queremos unha Galicia nosa temos que cultivarnos en galego.Fala e escribe na nosa lingua». O cantautor Amancio Prada: «Pola lingua nai:galego na fala e no canto», e Adolfo Domínguez ,modisto de sona naqueles anos afirmaba: «A túa lingua xa ten Lei, se lles tes lei a ela, úsaa».
Pero faltabame alguén que fose coñecido nos medios futbolístico e dei con Miguel Ángel,un ourensán no C.F.Real Madrid. Axiña que lle pedín a colaboración non dubidou e mandoume esta frase para o cartel, a máis extensa de todas: «Falar galego non significa o abafallo para as demais linguas; senón que a lingua galega é parte dunha cultura e dun modo de expresión do noso pobo.Fala galego! Eu tamén o falo!»
A campaña publicitaria provocou os seus efectos de contado.Todos os medios de comunicación do Estado fixéronse eco dela,louvándoa; pero tamén as sociedade da emigración déronnos os parabéns e solicitaronnos coleccións de cartaces que en Redondela foron distribuídos semanalmente por todos os lugares das súas parroquias, centros de ensino, adros e tabernas. Ao pouco, os redondeláns empezaron a sentírense orgullosos da política lingüística do Concello, creándose un clima de galeguismo entusiasta que conseguíu contaxiar ao resto dos concellos galegos.
Aquela campaña publicitaria é hoxe un fito na historia da lingua galega que será lembrada como exitosa por todos os que a viviron. Como os tempos mudan e as xeracións se suceden abafadas por mensaxes que disolven a conciencia patria, non estaría de máis argallar outra imaxinativa e incisiva.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos