Non falta tanto para as eleccións municipais

Non lle faltaba razón ao político laborista británico Harold Wilson cando dicía que en política unha semana é moito tempo. Nunhas horas ou nuns días pódese desmoronar o castelo de naipes de calquera dirixente ou organización.

Pero non é menos certo que para a estratexia política a cousa é diferente. Un ciclista pode quedar sen forzas a poucos quilómetros da meta e estragar todo o traballo dun ano nuns minutos, pero o traballo de preparación fíxoo chegar ata aí. E o normal é sempre que o que traballa, loita e se esforza ten moitas posibilidades de triunfar. Aínda que tamén hai carambolas e golpes de sorte.

As eleccións municipais serán aproximadamente dentro de vinte meses. Pode parecer unha barbaridade pero é o momento de engraxar as maquinarias e ir dando pasos. Cando un dirixente asegura que falta unha eternidade, penso que ou ben trata de despistar aos rivais ou está xogando erradamente.

As estratexias políticas necesitan planificación, equipos, mensaxes e iso non é cousa dunha campaña electoral de quince días. É certo que unha noticia dun día pode cambiar as previsións e o mesmo escenario, pero salvo cuestións extremas, o traballo feito é un investimento de futuro.

A campaña electoral non é máis que o colofón a todo un proceso de traballo. A un cronograma planificado segundo sexa o candidato do goberno ou da oposición, novo ou veterano, etc… E despois está a habilidade de afrontar o día a día. Xogando unha partida coas cartas que vaian saíndo día a día. Percibindo o contacto da rúa. Pero con planificación e cunha estrutura perfectamente artellada todo será máis factible. Incluso cando haxa que reaccionar en tempo récord. Aí notaranse as maquinarias engraxadas e ordenadas.

O tempo pasa voando. E como podemos ver a través dos medios de comunicación algúns políticos xa están traballando. Outros prefiren facelo desde a sombra sen chamar atención. E hainos que xa fan cálculos mentais para poder acertar cos seus compañeiros de viaxe. As listas son sempre unha arma de dobre fío.

Como dicía Wilson unha semana é moito tempo en política. De acordo. Pero insisto, vinte meses non son tantos para os candidatos gañadores.

Xosé Manuel Lema dirixe Adiante Galicia e é autor do libro «El Candidato Ganador.Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos