14.5 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 29, 2023

Don Antonio, párroco de Baíñas e Olveira

Faleceu Don Antonio, o párroco emérito de parroquias tan senlleiras como Baíñas, Olveira ou Olveiroa. El, ca súa risa afable e esa humildade característica tiña a virtude de axudar aos freguesas no que precisasen, con desinterese e con vocación.

Era o cura retirado que nos acompañou en moitos sacramentos e liturxias e aínda que levaba anos apartado da súa ocupación ninguén se esquecera del. Hoxe, ducias de mensaxes e condolencias ateigaban as contas das redes sociais, recordando momentos e anécdotas que o caracterizaban. Ás veces é curioso como un medio tan frívolo como o facebook ou outros son capaces de sacar a empatía e a sensibilidade dunha maneira tan fermosa.

En Baíñas, pola tarde, tamén foi un tema recorrente. A noticia ía pasando de boca en boca, esa transmisión oral que perdura logo de tantos séculos moi por riba das novas tecnoloxías.

E había tristeza polo pasamento, por dicirlle adeus a unha figura que estivo moi presente dende a nosa nenez, porque sempre sentiu predilección por Baíñas, unha parroquia na que estivo por moitos anos.

Foron preto de sesenta anos de dedicación exclusiva ao sacerdocio, de atravesar épocas difíciles, de desencontros pero tamén de conciliación e fraternidade.

Don Antonio soterrouse na súa parroquia natal de Xaviña, Coristanco.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos