9.6 C
Santa Comba
miércoles, diciembre 6, 2023

Irmandade xurídica galega

A Xunta de Galicia distinguíu á Irmandade Xurídica Galega(IXUGA) co Premio da Cultura Galega 2017 polo labor realizado na galeguización dos espazos xurídicos. Aínda que o xurado non explicitou na acta os méritos, cómpre que relacionemos algúns, porque se algo se fixo neste ámbito, moito ou pouco, débeselle á Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNL), que dinamizou en solitario o proceso regaleguizador, e á IXUGA, que é unha sección daquela.

Unha tarde do mes de xuño de 1987 reuníronse vinte xuristas para dar a coñecer a «Declaración de Rois», deseñando o plan para rachar cos séculos de prohibicións tantas veces denunciados do uso do noso idioma nas instancias xudiciais, como fixera o Congreso do Dereito Galego celebrado en 1972. Coa publicación da primeira sentenza en galego o 20 de maio de 1985 rompérase o maleficio.

A aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia (1981), Lei de Normalización Lingüística de Galicia (1983) e a Lei Orgánica do Poder Xudicial (1985) abríronllelas portas á incorporación da lingua galega aos usos xudiciais. Mais as sinerxias do pasado tiñan tanta forza que avogados e xuíces obviaron o marco xurídico que establecía a validez dos instrumentos xurídicos redactados en galego. Malia recoñecer a Lei de Normalización (art. 7.2) que as actuación xudiciais son válidas e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua oficial, moitos operadores xurídicos aínda hoxe non fan uso do amparo legal que lles asiste para demandaren dos xulgados as notificacións (incluídas as sentenzas) na lingua cooficial que elixan.

A Facultade Dereito de Santiago e as Escolas de Prácticas Xurídicas non tiveron a ben entón aceptar as propostas que a AFNLG lle fixera para sensibilizar ao alumnado e profesorado incluíndo módulos formativos para crear unha nova corrente favorable á normalización lingüística. É certo que hoxe xa hai maior receptividade por parte dalgúns docentes da tres facultades de dereito e Colexio de Avogados de Santiago, que é o que máis se leva significado no discurso da galeguidade xurídica, pero queda moito labor que facer.

Sen embargo, grazas á constancia da AFNLG as circunstancias foron mudando. Traducíronse e publicáronse o textos das leis fundamentais, conseguindo ademais que o Congreso dos Deputados aprobase a iniciativa parlamentaria de publicar as leis no BOE nas catro linguas do Estado, e a constitución dos gabinetes de asesoramento lingüístico nas audiencias provinciais e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A IXUGA, que se constitúe en 2007, é a herdeira dese ímprobo labor galeguizador. Deste entón todos os anos celebránse actividades para sensibilizar aos profesionais do dereito e xudicatura. Son tantas as actividades que no espazo desta colaboración non poden ter cabida a relación de todas elas.

Pero é oportuno sinalar a recuperación da memoria de todos aqueles xuristas que foron avogados desta tarefa regaleguizadora. A todos eles tenlles erixido monumentos e placas conmemorativar para perpetuarmos o seu exemplo. Este ano correspóndelle ao rexistrador, bibliófilo e galeguista, Fermín Penzol Labandeira, figura de gran trascendencia no galeguismo do primeiro terzo do século XX, tal e como se explica na biografía que se publicará este ano para a ocasión, coa descuberta dun monumento que estará ubicado nas inmediación da Facultade de Dereito o día 9 ás 18:00 horas.

O día 10 de xuño, no histórico Paraninfo da USC onde Álvaro das Casas fora presentado polo alumno da Facultade de Dereito, Francisco Fernández del Riego, pronunciará o celebrado discurso de exaltación da galeguización da Universidade titulado «Verbas aos mozos galegos» o 9 de marzo de 1933, a IXUGA conmemorará aquel feito histórico coa celebración da súa décima asemblea co ingreso de trinta novos irmandiños e irmandiñas que serán os protagonistas dunha esperanza sólida para a galeguización das instancias xudiciais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos