O Mosteiro de Baíñas é un activo moi interesante e descoñecido por moitos. Erixido nesta localidade vimiancesa foi un gran emblema para o eido do clero na comarca xunta con outros coma o de Moraime en tempos de grande apoxeo. Nel vivían monxes da orde dos bieitos.
A igrexa acaroada ao mosteiro tamén conta con grandes historias ás súas costas. Poderíamos falar de características tan peculiares coma os canzorros baixo os tellados, con figuras de índole «amorosa», símbolos para disuadir aos fieis de caer en pecados carnais. No exterior destaca un tímpano cun home a cabalo, presúmese que se trata de San Martiño entregándolle a súa capa a un pobre. Tamén tivo modificacións por mor a causa da guerra cos franceses.
Tanto a igrexa coma o mosteiro estiveron sempre nunha simbiose constante, tal é así que aínda se conservan na igrexa as bancadas que usaban os monxes para os oficios e as eucaristías cotiás. Agora utilízanas os nenos máis pequenos cando se preparan para recibir os sacramentos. No adro que dá ao campanario sobresae á curiosa lápida de Eugenia Lema Otero e o seu esposo, soterrados ambos os dous xuntos.
Mais agora o mosteiro que noutro tempo era vizoso encóntrase en ruínas e nun mal estado de conservación. As silveiras e ortigas engalanan o interior mentres as súas portas molentes caen, demostrando así o paso do tempo e o esquecemento que non pasan en balde.
Oxalá se poida deter a degradación que consome a este ente que forma parte da historia da xente de Baíñas.