Senlleiras sectas de subscriptores suntuosos sementan poemarios que galardonan os xurados dese mesmo clube que o ensalzan con loubanzas fastuosas para que algún lector despistado merque un caderniño de prosa partida, de título suxerente, máis, meu pobre, na páxina dous xa un esta demasiado farto de poemas xeroglíficos en galego normativo, sen alma nin mensaxe, porque por ser… nin poesía é.
Esta desafección aguda que sufre en silencio a nosa lingüa vella ten moitos culpables e cecáis, demasiados enemigos, por iso, os bos e xenerosos temos que facer horas extra, tódolos día do ano, para explicarlles as altas copas que neste territorio hostíl vai ser a nosa voz unánime a que pregoe, sen máis botóns que play e pause, para que ese apartheid ortográfico e moral estoupe igual que o volcán Cracatoa.
E agardo, eso si, que ninguén me compare con Kumta Kinte por erguerme ceibe e sen dono, re-afirmando o que Teresa Moure, Mario Valeiro, e outros moitos escritores galegos, escribiron en plan artigo ou en plan manifesto, máis sei que son maioría os que o pensan e só o confirman en petit comité e en voz baixiña.
Pero xa os tempos son chegados para que estas guerras entre as tribus deixen de conxurarse contra compañeiras por ser mulleres, contra aquel por ser lusista, contra estoutros por ter algo redactado en castelán, contra todo aquel que non sexa do clube dos que discriminan utilizando calquera desculpa para contaxiar coa súa leismaniosis mental a calquer miñaxoia que queira apuntarse na súa pequena tribu ou facerse subscriptor dalgún clube de poetas en paro para editar copliñas para que che veña o sono ou haikus con malaria, ou as dichosas prosas cansinas en galego celga dezanove.
E ogallá vexan os meus ollos algún día, se a vida mo permite, que todo amigo da lectura, dos idiomas, da Terra, do Pobo e da poesía limpa e ceibe, que nos xuntemos para a foto sen que a ninguén lle entre cagalera ese día.