11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

A solución máxica das pensións

Grazas a esta novedosa proposta de subir aos 67 a idade de xubilación e, preparados xa para o corte do grifo das pagas dos abueletes, hai estes días unha importante e nutrida guerra de disques e diretes polas rúas e vilas de todo Espanhistán. E os rumorosos latrican en balde sobre esas grandiosas solucións máxicas que zanxarían para sempre este eterno dilema.

Para dar co a clave do asunto teremos que pensar en qué temos superavit comparados co resto de Europa. Evidentemente somos potencia mundial en alcoholismo crónico socializado, prostitución, corrupción, fútbol, narcotráfico e festas. Pois, ¡ legalicémolo ! Se o 70% do P.I. B. se vai para a administración pública con recortar en duplicidades, asesores sen EXB e toda clase de parásitos con chófer e tarxeta de gastos ilimitada, xa sería suficiente pasándolle unha poda intensa a este apartado tan gastoso, pero… son os propios lexisladores os que se terían que facer esta poda e, por suposto, non o farán endexamáis.

E ainda nos queda o plan B de Bárcenas que sería o de legalizar os nosos apartados económicos pàtrios máis poderosos, xa só con incrementar os impostos en fútbol, touradas e artes circenses masivas xa sería máis que suficiente para asegurar algún aniño máis de pensións e pagas varias. Xa que, os señores deputados, senadores, presidentes e demáis animales vampíricos, non desexan recortar as súas excêlsas pagas vitalicias, pois teremos que legalizar o narcotráfico e asi ademáis aforramos millonarios sobornos a sarxentos, peixes gordos e miúdos cabos (que menudo dineral) tamén solucionamos xa de paso o maltreito campo do dichoso blanqueo e xa sen entrar na perda de anos de cotización dos talentosos camellos, mulas, lancheiros e laboratorios clandestinos, meus pobres. Xa que o 90% da droga europea pasa ou sae das nosas fértiles bodegas pois que coticen a Facenda como todo hijo de vecino.

Só coa legalización do narcotráfico teriàmos diñeiro dabondo para aumentar ao dobre tódalas pagas, soldos e extras… e sobrarían cartos para mercar planeadoras públicas ao servizo da nova xeración de narco-empregados legalizados. E xa non sería preciso mencionar alcohol, meretrices e festexos varios pois nestes mares somos potencia europea e record guines insuperable.

Mais estes días todos nos preguntamos ¿por qué pagan sempre os mesmos ciudadanos? porque un día destes agótaselles a paciencia os albaneles peoneros funanbulistas, que tellan e retellan ata os 70 tacos colgados dese arneses invisibles, rezando padrenuestros para cobrar esa pensión soñada que… quén sabe se no futuro será ou non será desfrutada. De momento aqui a todo quisqui se lle ocorren centos de millóns de ideas máxicas todas elas moi válidas para zafar desta triste papeleta que acabará calzando ao pobre peduano, coma sempre pasa. Asi que vaselina e ….

… Santa paciencia !!!

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos