Para o común dos mortais hai dúas clases de escritores: os que publican en papel e son recoñecidos e os escritores fracasados, asi de sinxelo, triunfadores e facasados mais para os entendidos na materia son os propios textos os que confirman a valía destes escritores xa que nesta gran farsa que chamamos «nación» dentro dos galardóns máis coñecidos do mundo literario (especialmente os premios con agasallo económico) atopámonos con tremendos churros que algún xurado tivo a gran valentía de premiar, por motivos alleos a literatura, evidentemente, e deste («ti dasme e eu douche») aparece a diferenciación entre primeira e segunda división na literatura do presente.
Os que teñen moitos premios no seu amplo curriculum e os que non se presentan a ningún premio por entender que están amañados. E cos xornais sucede algo similar. O control da información acadou máximos históricos na prensa escrita polo dilema das subvencións e polo achegamento estreitísimo entre xornais e política. Polo tanto, salvo contadas excepcións, son os escritores mansos os que se explaian falando nas columnas castradas que aparecen asinadas polos grandes literatos do noso tempo, únicos na súa especie. Namentres os críticos deben editar nos seus blogues ou nas redes sociais, e, con sorte, nalgún medio dixital que se atreve a soltar algunha verdade irrefutable neste océano de mentiras onde son reis os caraduras.
Xa moito antes da famosa lei mordaza este control do que vos falo fixo posible que algúns escritores do noso eido non fosen endexamáis entrevistados nos xornais oficiais despois de longas carreiras na escrita de décadas de loita e sacrificio mentres ollamos incrédulos como a toda páxina aparecen persoeiros sen traxectoria nin experiencia contándonos a súa triste vida de literato manso e cómplice deste sistema que só diferencia os seus artistas deste xeito: críticos ou lacaios.
Foi de aqui mesmo, desta historia que vos conto, de onde xurdiu a dantesca prosa poética en galego onde, filólogos disfrazados de poetas, editaron sendos poemarios, ata galardonados, e con tremendas paparruchadas dentro, imposibles de leer e totalmente neutras, por suposto. E por outra banda os verdadeiros poetas galegos editaron os seus traballos con verdadeira poesía dentro en autoedición (e as veces grapados) para agasallar a parentes e amizades