3 C
Santa Comba
miércoles, diciembre 6, 2023

A perda do sector leiteiro

Chega un novo ano e con el algúns balances do que deixa o 2016. Para o sector gandeiro foi un ano duro. Según as estimacións calcúlase que se perderon máis de medio millar de explotacións lácteas , unha cifra o suficientemente alarmante. Das máis de 800 empresas dedicadas a esta actividade ao redor dun 60% eran galegas, segundo os datos do Ministerio de Agricultura.

O sector vénse queixando dunha xeira de condicionantes que os está levando á desaparición. Quizais o máis preocupante fose a crise leiteira, acaecida no pasado ano. Os prezos á baixa marcados por un mercado ás veces monopolizado polas grandes firmas causoulles un dano irreversible. Ademais as subas derivadas dos custes de produción tamén influíron en dar un saldo negativo para as granxas.

Por outra banda moitas explotacións, a causa da tercialización, ven difícil un relevo xeneracional, dado que os seus fillos optan pola industria ou o sector servizos para traballar cando están en idade activa.Sumado a isto aínda quedan moitas explotacións que non puideron amortizar as inversións dos aparellos que adquiriron con anterioridade cando apostaron pola modernización e a innovación.

Todo isto leva a un resultado previsible, que as granxas non obteñan un beneficio e que vaian directas ao peche definitivo. A solución paliativa para esta tendencia no agro galego e o sector primario pasaría por elaborar un plan estratéxico por exemplo , ou apoiar aos gandeiros con incentivos que os puidesen axudar ao seu desenvolvemento.

Algúns concellos precursores, como o de Mazaricos, optan tamén por poñer en valor e reivindicar o valor das vacas como un emblema de seu. Iniciativas magnificas que contribúen á fortalecer a imaxe dun colectivo cada vez máis unificado e necesitado de axuda.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos