10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

O liberalismo conxúrase en Tui

Este fin de semana José Palacín, noso colaborador articulista, explicou  no seu blog e tamén na redacción de Adiante Galicia a solvencia do actual alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padin.   

Nas propias palabras do ex C.D.L a este medio: “Decidín significarme a favor da persoa de Vázquez Padín porque encontro nel un exemplo de coraxe, independencia, honradez e solvencia que está a espertar a Tui dun pesadelo de vinte anos de estancamento”. Recordemos que Palacín leva fora  da política desde 2014, trala integración da súa formación en Ciudadanos. Ninguén da federación galega asinou ese pacto. Pola súa banda Vázquez Padín acadou o bastón de mando grazas a unha moción de censura que xuntou a varios partidos do centro dereita tudense en outubro de 2017, desaloxando ó socialista Enrique Cabaleiro. 

O mandato do líder de Converxencia 21, (segundo Palacín): “Marca un punto de inflexión que abre un período de rexeneración e prosperidade, con un cambio radical de estilo debido a  transparencia na xestión, e iso tendo que levar as costas a terrible catástrofe da explosión dun almacén pirotécnico ilícito na parroquia de Paramos”.  Nos mesmos entrevistamos a Vázquez Padín con motivo da desgraza  que asolou a este concello en maio do ano pasado.

https://www.adiantegalicia.es/entrevistas/2018/09/10/el-ayuntamiento-de-tui-esta-volcandose-con-los-afectados-estamos-en-su-piel-acompanandolos-en-sus-demandas-.html

Na aquela ocasión o alcalde adiantounos co mellor da súa lexislatura estaba por chegar, enunciando unha serie de proxectos que agora (segundo verbas do propio Padín a outros medios) están rematadas ou en marcha. Polo tanto, Converxencia 21 aspira a mellorar os resultados de 2015 nun escenario moi fragmentado. 

Están confirmados como candidatos Enrique Cabaleiro polo PSde G – PSOE e polo PP José Ángel Fernández. Ciudadanos sorprende fichando a outro popular, José Miguel Diz Guedes, conselleiro da Xunta nos anos 90.  Os aspirantes polo  BNG e En Marea están por determinar oficialmente, e aínda é posible que nos sorprenda algunha candidatura de última hora, como a de Miguel Ángel Capón. Curiosamente, salvo o candidato popular, moi próximo a dous alcaldes, todos os citados ata agora ocuparon o cargo de rexidor.
   

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos